InicioSociedadeBueu organiza o programa de ocio infantil "Verán Activo": arte, deporte e...

Bueu organiza o programa de ocio infantil “Verán Activo”: arte, deporte e natureza

O programa, ocio para os máis pequenos nunha perspectiva local, inclúe unha visita á Illa de San Simón.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Bueu, a través da concellaría de Mocidade, abriu este venres 15 de xuño as inscricións para participar no programa Verán Activo, que inclúe actividades lúdico – educativas e de animación para o tempo de lecer e que se desenvolverá do 2 de xullo ao 31 de agosto nas instalacións do CEIP A Pedra.

O programa vai dirixido á rapazada de 3 a 12 anos, e as preinscricións realizaranse a través do Rexistro Xeral do Concello ou na Sede Electrónica antes do 22 de xuño, mediante instancia xenérica.

En total ofértanse 60 prazas distribuídas en tres grupos. O primeiro desenvolverase cinco días á semana e ten un custe de 70 € ao mes. O segundo inclúe tres días á semana, e custa 42 €  mensuais e o último consta de dous días semanais e custa 28 € mensuais.

A admisión farase tendo en a orde de preinscrición, e posteriormente mediante sorteo público. Tras a selección, convocarase unha reunión con todas as persoas para tratar sobre a organización e a fórmula de pagamento.

Co obxectivo de combinar coñecemento con diversión, ao longo destes dous meses combinaranse obradoiros sobre arte, historia, teatro, deporte e natureza, desde unha perspectiva local. Así mesmo, está programada unha visita á Illa de San Simón para coñecer a súa historia.    

 

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...