InicioSociedadeO pleno de Bueu aproba a posta en marcha da humanización do...

O pleno de Bueu aproba a posta en marcha da humanización do barrio da Banda do Río

Tamén se deu luz verde a outras dúas mocións sanitarias, de petición dunha sala de raios X e da construción dun CAR na comarca do Morrazo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

 

O pleno da Corporación Municipal de Bueu vén de aprobar unha moción conxunta
para poñer en marcha un concurso de ideas de cara á humanización do barrio da Banda do Río.

Esta proposta recolle as peticións realizadas pola Asociación Veciñal da Banda
do Río, desde a que defenden a singularidade deste barrio mariñeiro de Bueu que conta
con moitas potencialidades turísticas, pero sen un plan integrado de actuacións.

Por iso, e tras o pertinente debate, o alcalde da vila, Félix Juncal, salientou que “trátase dun acordo político para iniciar un camiño“; e que “as propostas deberán contar co máximo consenso posible”.

Esta iniciativa foi fóra da orde do día pola vía da urxencia, ao igual que as mocións
sanitarias, que tamén se aprobaron por unanimidade dos catro grupos municipais. A
primeira delas consiste en instar á Xunta de Galicia a inclusión dunha sala de raios X no
Centro de Saúde da vila, unha demanda realizada por Juan Carlos Pérez Santiago, un
veciño que presentou máis de oitocentas sinaturas de apoio.

A outra camiña máis alá e demanda a construción dun Centro de Alta Resolución (CAR) no Morrazo, co que se “melloraría o reparto de recursos, axilizando circuítos asistenciais e reducindo a presión no hospital de referencia”. Esta proposta, máis ambiciosa, complementa a anterior e vén a sumarse ás aprobadas nos concellos da comarca.

Por último, e como iniciativa do PP, acordouse instar á Xunta de Galicia a que habilite
un teléfono gratuíto para a atención de avisos pola vespa velutina.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...