InicioAs Tanxugueiras actuarán en Bueu no Festival SonRías Baixas

As Tanxugueiras actuarán en Bueu no Festival SonRías Baixas

A cita terá lugar nos primeiros días do mes de agosto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As Tanxugueiras seguen sumando citas despois da súa actuación no polémico BenidormFest. O festival SonRías Baixas vén de facer pública a incorporación das pandeireterias ao cartel desta edición 2022, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de agosto en Bueu. Compartirán así festival con Kase.O, Jazz Magnetism, o seu compañeiro de festival Rayden, Arnau Griso,  Balkan Paradise Orchestra e algúns máis.

O trío conformado por Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro vén avalado por éxitos previos e máis alá de Terra, que supera xa os 10 millóns de reproducións nas plataformas dixitais. Descan así temas como Midas, Figa ou Averno, esta última unha colaboración con Rayden. Dende o festival apuntan que farán públicos nos próximos días novos nomes de artistas que participarán nesta edición do 2020. As entradas pódense mercar na web do festival.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...