InicioVal MiñorBaionaMáis de 150.000 alegacións rexeitan os polígonos eólicos na Serra da Groba

Máis de 150.000 alegacións rexeitan os polígonos eólicos na Serra da Groba

PUBLICADO O

- Advertisement -

A mobilización social contra os proxectos eólicos industriais previstos na Serra da Groba acada unha cifra histórica: máis de 150.000 alegacións foron presentadas por veciños, colectivos ecoloxistas, comunidades de montes e entidades culturais da comarca do Baixo Miño e Val Miñor.

O prazo de alegacións aos parques Margarita 18, Cote 25, Nao 19 e Galera 25, situados no concello de Oia, e á súa infraestrutura de evacuación LSAT 20 kV CS Alto das Veigas–SE UFD Gondomar, rematou o pasado 4 de maio. Estes proxectos, impulsados pola Xunta de Galicia, foron sometidos a información pública a través de varios acordos publicados no DOG entre febreiro e marzo de 2026.

A resposta cidadá foi contundente. A Plataforma SOS Serra da Groba, integrada por asociacións ecoloxistas, comunidades de montes e colectivos culturais como o IEM, Salvemos Monteferro ou Curros da Groba,… organizaron unha campaña de recollida de alegacións que sumou case 2.500 telemáticas e máis de 1.500 en papel, elaboradas a partir dun modelo propio con 42 argumentos técnicos e ambientais.

As alegacións presentadas denuncian os impactos paisaxísticos, patrimoniais e arqueolóxicos que suporía a instalación destes polígonos industriais, lembrando que proxectos anteriores na zona —como Albariño I, Toroña ou Galiñeiro— foron anulados por obter Declaracións de Impacto Ambiental desfavorables.

O Concello de Oia tamén se posicionou en contra, poñendo á disposición da veciñanza modelos de alegación e destacando os riscos ambientais e sociais destes proxectos. A páxina municipal animou á cidadanía a participar activamente na defensa da Serra da Groba.

Desde SOS Groba agradecen a implicación de todos os colectivos e persoas que participaron nas alegacións e nas mobilizacións cidadás, e reclaman á Xunta a anulación definitiva das Áreas de Desenvolvemento Eólico (ADE) que afectan á zona, así como a declaración dunha figura de protección para o conxunto Serra da Groba–Argallo e Serra do Galiñeiro–Aloia.

A sociedade civil galega deixa claro o seu posicionamento: “O futuro do patrimonio natural e cultural, a saúde e a paisaxe da Groba non se venden. Deféndense.” declaran dende SOS Groba.

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...