InicioMovementos SociaisVigo con Palestina: "Paremos o xenocidio"

Vigo con Palestina: “Paremos o xenocidio”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Miles de persoas colapsaron o centro de Vigo pedindo a fin do “xenocidio” que o Goberno de Israel está cometendo en Gaza. Convocados polo Movemento Democracia en Europa 2025 (DiEM25), os manifestantes partiron do cruzamento de Gran Vía con Urzaiz e percorreron varias rúas da cidade viguesa.

“Paremos o xenocido. Vigo con Palestina” foi o lema dunha protesta que quixo amosar a solidariedade de vigueses e galegos cos palestinos. Corenta colectivos sumáronse á convocatoria. Na manifestación participaron nenos que portaron pancartas para pedir a paz  en español, galego, inglés, alemán ou francés, entre outros. Tamén houbo unha performance que simulaba a nais palestinas portando os cadáveres dos seus fillos mortos.

 “Facemos un chamamento a todas as persoas demócratas, a todas as conciencias críticas e solidarias e facer das rúas un espazo de denuncia, de dignidade e de esperanza compartida”, indicaron os organizadores. Varias pancartas criticaban duramente o que está acontecendo na franxa palestina e chamaban ao boicot das empresas israelíes.  

ÚLTIMAS

Autónomos en campaña electoral: rebaixas, medias verdades e “trampantojos”

Quitar o IVE, non subir as cotas, cota cero. As promesas electorais parecen diñeiro...

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...