InicioMovementos SociaisUVigo e Subdelegación do Goberno achegan material contra a violencia de xénero

UVigo e Subdelegación do Goberno achegan material contra a violencia de xénero

As campañas foron elaboradas polo alumnado do máster de Publicidade a petición da Subdelegación e teñen un enfoque concreto e dirixido a previr a dobre victimización das mulleres inmigrantes

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra e a Universidade de Vigo puxeron a disposición dos concellos de Ponteareas, Moaña, Lalín, Sanxenxo e Redondela material para as campañas de prevención e loita contra a violencia de xénero de cara ao próximo 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

As campañas foron elaboradas polo alumnado do máster de Publicidade a petición da Subdelegación e teñen un enfoque concreto e dirixido a previr a dobre victimización das mulleres inmigrantes.

Na presentación desta iniciativa participaron este martes o subdelegado do Goberno, Abel Losada; a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín; a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos; a tenente de alcalde de Lalín, Paz Pérez Asorey; a concelleira de Igualdade de Ponteareas, Raquel Plana; a decana da Facultade de Ciencias Sociais, Emma Torres; e un grupo de alumnos que participaron nesta proposta.

Abel Losada destacou este “exemplo de colaboración institucional” e tamén de “boas prácticas na implementación de políticas públicas”. Agradeceu tamén a acollida “entusiasta” do cinco concellos que participan nesta primeira experiencia.

Pola súa banda, Emma Torres celebrou que haxa “noticias positivas” en relación coa violencia de xénero e lembrou que fronte a este problema “a loita debe ser global”.

Así, os concellos de Redondela e Sanxenxo implementarán a campaña ‘A Linguaxe da violencia é universal. A resposta tamén o é’. Digna Rivas, alcaldesa de Redondela, lembrou que “o que non se conta non existe” e insistiu en que as administracións teñen “o deber de traballar 365 días do ano contra esta secuela”. Mentres, Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, indicou que “isto non vai de cores políticas”.

Mentres, Moaña e Lalín desenvolverán a campaña ‘Barreras. Ollo pechado’. A alcaldesa, Leticia Santos, remarcou “a sensibilidade e o bo gusto do alumnado” e celebrou que o deseño salga dun máster dunha universidade pública. A tenente de alcalde de Lalín, Paz Asorey, afirmou que “hai que empezar a loitar contra a violencia de xénero desde o berce”. Finalmente, Ponteareas optou pola campaña ‘Detecta e actúa. Ti podes evitalo’.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...