InicioMovementos SociaisDebate en Vigo sobre as tensións xeopolíticas e as súas repercusións nos...

Debate en Vigo sobre as tensións xeopolíticas e as súas repercusións nos dereitos humanos

ECOAR))) organiza unha serie de palestras cunha visión crítica sobre os conflitos xeopolíticos actuais, explorando os seus efectos e as respostas dende a mobilización social e o cambio político.​

PUBLICADO O

- Advertisement -

Referentes internacionais debaterán en Vigo sobre as tensións xeopolíticas e as súas repercusións nos dereitos humanos. Será os días 19, 20, 21 e 22 de marzo de 2025 dentro das xornadas “Mundo en crise: guerra xeopolítica e loitas sociais” en Vigo. Esta iniciativa de ECOAR))) pretende analizar a crecente inestabilidade global, os conflitos en curso e o papel dos movementos sociais e das organizacións internacionais fronte a estas ameazas.

Segundo apuntan os organizadores, a finalidade destas xornadas é proporcionar un entendemento máis profundo da dinámica do sistema-mundo e explorar as estratexias viables para enfrontarse aos desafíos actuais. Analizaranse o poder das potencias emerxentes, a crise da gobernanza internacional e o papel das empresas transnacionais na explotación de recursos e pobos. Ademais, exporanse formas de mobilización e resposta fronte ás crises globais.

As xornadas, que forman parte do proxecto Ágora-R, incluirán oito palestras, nas que se abordarán temas clave como o impacto das políticas neoliberais, os dereitos das persoas refuxiadas climáticas, o papel dos medios de comunicación na xeopolítica e as resistencias fronte ao poder corporativo e militarista.

Entre os relatores están osé Manuel Beiras; Fayez Badawi, activista palestino; Miguel Urbán, eurodeputado e activista; Aurora Moreno Alcojor, xornalista especializada en consumo e medio ambiente; Queralt Castillo Cerezuela, xornalista; Eduardo Giordano, xornalista arxentino; Manu Levin, analista político e comunicador ou Alberto Quian Pampín, xornalista experto en ética hacker.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo recoñece a incapacidade a unha cociñeira á que o INSS mandou traballar “preto dun hospital”

A Praza Número 6 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo...

Abel Caballero reclama cofinanciamento para subvencionar voos en Peinador e acusa á Xunta de querer “pechar” o aeroporto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este xoves que o aeroporto da cidade...

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo...

Sindicatos policiais denuncian en Vigo falta de persoal e unha comisaría “indigna”

Os sindicatos policiais SUP e CEP levaron a cabo este xoves unha concentración diante...