InicioMovementos SociaisAdeus X, Xornal de Vigo tamén marcha desta rede social

Adeus X, Xornal de Vigo tamén marcha desta rede social

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xornal de Vigo, como xa fixeron outros medios como Galicia Confidencia, The Guardian ou La Vanguardia, deixa a rede X, antes Twitter pola deriva autoritaria detectada nesta plataforma tras a chegada de Elon Musk.

Polo tanto,  Xornal de Vigo deixará de publicar tuits de forma directa na rede social X e deixará en suspenso as súas contas. Desde a chegada do magnate Elon Musk, esta rede é un altofalante das teorías da conspiración, de noticias falsas e unha plataforma claramente virada a posicións populistas, racistas e vinculadas á ultradereita.

A decisión coincide co anuncio de Donald Trump de nomear a Elon Musk como asesor para un Departamento de Eficiencia do Goberno (DOGE), co obxectivo de facer recortes na administración estadounidense, é incompatible con que dirixa unha rede social da magnitude de X. Ese nomeamento político situa a Musk ao carón dos que defenden deportacións masivas e despidos de funcionarios que non son afins as teorías conspiranoicas do futuro presidente.

A adquisición de X en outubro do 2022 supuxo xa o despedimento masivo de traballadores que incluíu a supresión do departamento que moderaba os contidos. Os grandes anunciantes que tiña a plataforma abandonárona hai xa tempo. En maio do 2023, X abandonou un programa coa UE para a loita contra a desinformación. De feito, desde entón, multiplicouse a presenza de bots que axudan a propagar a desinformación, tal como aconteceu durante a recente traxedia de Valencia 

OUTROS MEDIOS TAMÉN ABANDONAN ESTA REDE

A decisión de Xornal de Vigo ou Galicia Confidencial, que xa viña sopesando esta decisión desde hai algún tempo, coincide coa que xa ixo pública o diario inglés The Guardian e La Vanguardia entre outros medios. Ambos os dous medios de comunicación consideran que permanecer nesta plataforma ten máis efectos negativos que positivos, a pesar dos milleiros, millóns de seguidores que teñen nelas.

Previamente xa anunciaran a súa marcha a National Public Radio (NPR), unha organización de medios de comunicación estadounidense sen ánimo de lucro, e a prestixiosa televisión pública de Estados Unidos PBS, que abandonaron X despois de que a rede social as etiquetou como “medios de comunicación afiliado ao Estado”.

En datas recentes tamén abandonaron a súa presenza en X o Festival de Cinema de Berlín, e outras institucións como o corpo de policía do norte de Gales, que sinalou que estar nesta rede social non era coherente cos seus valores éticos, e o hospital ortopédico Royal National, que argumentou un “aumento do volume de discursos de odio e comentarios abusivos” para deixar esta plataforma.

MÁIS REACCIÓNS

Ademais de medios de comunicación, recoñecidos articulistas e persoas vinculadas ao mundo das artes decidiron tamén abandonar esta rede social. Polo momento, dirixentes políticos e partidos da esquerda, nacionalistas ou independentistas non manifestaron a súa decisión de deixar unha rede dominada por un magnate ultra e populista.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...