InicioMedio Ambiente e PatrimonioInvasión eólica en Vigo para protestar contra a "depredación enerxética"

Invasión eólica en Vigo para protestar contra a “depredación enerxética”

A cidade aparece ‘invadida’ por más de 50 figuras de muíños de vento en diferentes puntos. Hai unha manifestación convocada para o domingo 22 de xaneiro en Vigo .

PUBLICADO O

- Advertisement -

A praia de Samil, os parques de Castrelos, Navia, A Guía e O Castro, así como varios puntos da cidade apareceron este fin de semana a primeira hora da mañá cubertos con máis de 50 figuras de aeroxeradores eólicos.

A acción foi realizada por activistas de Vigo preocupadas pola problemática que supón a implantación sen control destes aeroxeradores. Con esta forma de protesta preténdese “poñer de manifesto a grave situación de depredación enerxética á que se enfronta Galiza”. A “invasión eólica afecta especialmente ao rural galego, onde moitas aldeas xa están organizadas contra o espolio. Ocupando espazos de Vigo con estas figuras búscase achegar esta problemática tamén á cidade, e así xerar sensibilidade e sinerxias para denuncialo e cambiar a situación”, indican desde o colectivo Ecoar nun comunicado.

Así, lembra que en Galicia hai máis eólicos instalados que na metade do Estado Español e está no cuarto lugar dentro do estado en produción de enerxía renovábel. Polo contrario, as comunidades que máis consumen están á cola en produción de enerxía eléctrica. Por este camiño máis do 25% da Enerxía producida en Galicia irá cara fóra, estando o 98% desta produción en mans privadas. En 2019 había 180 parques funcionando. O obxectivo para o decenio 2020-2030 é o de asentar máis do dobre da potencia instalada até de agora. 

Neste sentido lembra que o impacto deste despregamento de proxectos “será enorme en moitos aspectos”. No económico, veranse afectadas o 11,5% das terras de cultivo e moita superficie forestal. O 19,2% de superficie dos Montes Veciñais en Man Común ficarían dentro de polígonos industriais. Tamén os parques mariños afectarían á actividade pesqueira. Todo isto sumado aos impactos na paisaxe, na Rede Natura (as Áreas de Desenvolvemento Eólico ocupan 107.000 Ha da Rede Natura), sobre o solo, a fauna, o patrimonio cultural ou a vida da poboación próxima, xa que nalgúns casos quedarían a escasos 500m das casas, escolas ou espazos públicos.

domingo 22 de xaneiro está convocada unha manifestación contra a depredación enerxética en Vigo, na que tamén queremos animar a participar. A marcha, convocada pola plataforma ‘Veu polo aire’ terá lugar ás 12h no cruce de Vía Norte.

ÚLTIMAS

( Vídeo) Un guerreiro celta que empequeneceu ao Barça

O multiinstrumentalista galego, Abraham Cuperio, actuou este sábado na previa do RC Celta -...

Vigo ‘pecha’ o seu Nadal ante a alerta laranxa por temporal

Ante a alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior sobre fenómeno meteorolóxico adverso...

O conservatorio de Gondomar levará o nome de Conchita Quintas

Así o anunciou o alcalde Paco Ferreira durante o concerto de Santa Icía deste...

A Xunta dota de docente á unidade de Saúde Mental infanto-xuvenil do Cunqueiro

A Xunta dotou á nova unidade de hospitalización de Saúde Mental infanto-xuvenil do Álvaro...