InicioSociedadeVigo supera os 100 litros por metro cadrado en choivas durante a...

Vigo supera os 100 litros por metro cadrado en choivas durante a segunda semana do ano

As choivas acumuladas en España desde outubro ata o 10 de xaneiro superan nun 1,5% o valor normal para este período.

PUBLICADO O

- Advertisement -

PontevedraVigo e Santiago foron os puntos máis chuviosos de todo o Estado durante a segunda semana do ano, na que estas zonas superaron os 100 litros por metro cadrado en precipitacións.

As choivas acumuladas no conxunto de España desde que comezou o ano hidrolóxico (1 de outubro de 2022) ata o 10 de xaneiro de 2023 superan nun 1,5 por cento o valor medio normal para este período, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

En concreto, neste tres meses e dez días do ano hidrolóxico alcanzouse un valor medio de 259,9 litros por metro cadrado, cando o normal son 255,8 litros por metro cadrado. Do 4 ao 10 de xaneiro as precipitacións afectaron á maior parte do territorio salvo ao leste de Andalucía, o levante peninsular, as illas Baleares e as illas Canarias orientais.

As precipitacións máis destacadas déronse en Galicia, con cantidades superiores aos 100 litros por metro cadrado nas provincias de Pontevedra e A Coruña.

A AEMET destaca as cantidades recollidas en Pontevedra, 108 litros por metro cadrado; Vigo-Peinador, 102 litros por metro cadrado; Santiago de Compostela-Lavacolla, 101 litros por metro cadrado; Lugo-Rozas, 59 litros por metro cadrado e Fuenterrabía, 55 litros por metro cadrado.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...