InicioMedio Ambiente e PatrimonioDenuncian novos vertidos ao "maltratado" río Barxa, no Concello de Vigo

Denuncian novos vertidos ao “maltratado” río Barxa, no Concello de Vigo

Amigos da Terra alerta da presenza de cascallos e restos de obras que están a afectar o entorno ecolóxico e fluvial da zona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Amigos da Terra vén de denunciar os vertidos de cascallos e restos de obras no río Barxa, na cidade de Vigo, ao carón do Hospital Álvaro Cunqueiro, localizados na senda peonil que vai rodeando o Hospital e nas proximidades do aparcodorio, segundo explican.

“Estes vertidos véñense producindo de xeito continuado nas semanas pasadas, e son aínda visibles na zona as rodaduras da camioneta ou tractor que os fixo”, denuncia a organización ecoloxista.

A orixe de ditos vertidos foi denunciada ante Augas de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Vigo para que realicen as inspeccións correspondentes por parte da administración.

Dende Amigos da Terra tamén solicitan información sobre as medidas que se están a adoptar para pór fin a esta situación que “afecta o ecosistema e a calidade do río Barxa”; e demandan “que se impoñan as correspondentes sancións aos infractores” e que se “repoña o medioambiente ao seu estado orixinario”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...