InicioMedio Ambiente e PatrimonioNace a plataforma 'Vigo polo Clima' contra as "políticas urbanistas" do Concello...

Nace a plataforma ‘Vigo polo Clima’ contra as “políticas urbanistas” do Concello e por unha cidade sostible

Un conxunto de colectivos xúntanse para "apostar por unha cidade sostible, con amplas zonas verdes, que pacifique o tráfico e poña a vida no centro".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Coincidindo coa Xornada de Acción Global polo Clima do 23 de setembro, convocada por Fridays for Future – Xuventude polo Clima, diversos colectivos veciñais e ecoloxistas de Vigo lanzan un espazo para que a cidadanía de Vigo presente propostas e realice accións para loitar contra o cambio climático desde a cidade.

A plataforma denuncia que o Concello “non adoptase ningunha das medidas comprometidas” hai tres anos no pleno municipal, cando aprobou unha declaración de emerxencia climática impulsado polas mobilizacións masivas de setembro de 2019.

Máis ben, asegura, “adoptou políticas urbanistas no senso contrario: eliminando masa arbórea do casco urbano, cun dos transportes públicos peor valorados do Estado, degradando o litoral coa urbanización para ricos de Cabo Estai, promovendo a construción de túneles, como o caso da Porta do Sol, nunha zona que debería formar parte da futura Zona de Baixas Emisións, e fomentando infrastruturas innecesarias, como o vial PO-010 en Beade e Bembrive, que incrementarán o tráfico e polo tanto as emisións contaminantes”.

Colectivos como a Asociación de Afectados polo Vial de Beade, Defensa do Parquer García Picher, Bembrive en Pé, Ecoloxistas en Acción, Fridays for Future Xuventude polo Clima Vigo, Verdegaia, Greenpeace, Vigo Ciclábel, Adelante e Amigos da Terra consideran, pois, que “é necesario apostar por unha cidade sostible, con amplas zonas verdes, que pacifique o tráfico e poña a vida no centro”, e para iso, aseguran, “é imprescindible actuar desde os barrios e parroquias, atendendo as necesidades do rural vigués, o noso pulmón verde”.

“Ante o desleixo das administracións, ten que ser a cidadanía autoorganizada a que loite por combater as causas do cambio climático, á vez que presiona para conseguir medidas efectivas”. Con este obxetivo nace Vigo polo Clima, que celebrará a súa asemblea constituinte na propia Porta do Sol este venres 23 de setembro ás 19.45h.

Previamente, na AULA D, ás 17h, presentarase a “Guía Municipalista da activista climática” cun obradoiro sobre como facer fronte á emerxencia climática desde o local dinamizado a partir da experiencia de Barrios por el Clima en Córdoba.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...