InicioMedio Ambiente e PatrimonioO incendio de Arbo segue activo e con alerta por proximidade ás...

O incendio de Arbo segue activo e con alerta por proximidade ás casas, e o de Ponteareas está controlado

Arderon xa 400 hectáreas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As estimacións provisionais da Consellería de Medio Rural en relación á superficie afectada polos catro incendios de maior entidade aínda non extinguidos en Galicia mantense sen variacións nas últimas horas e os dous máis grandes –Arbo (Pontevedra), activo, e Castrelo de Miño (Ourense), controlado– suman 600 hectáreas arrasadas. Ademais, en Arbo segue activada a alerta por proximidade a vivendas.

Segundo informa Medio Rural, no parte de incendios forestais que inclúe datos ata as 13,30 horas deste luns, o incendio rexistrado na parroquia de Mourentán, en Arbo, queimou 400 hectáreas e permanece activo, igual que segue decretada a situación 2 como medida preventiva pola proximidade do lume ao núcleo das Searas.

Para combater este lume traballaron 9 técnicos, 24 axentes, 71 brigadas, 45 motobombas, 5 pas, dúas unidades técnicas de apoio, 12 avións e 10 helicópteros. Tamén se desprazou ata Arbo, para axudar na extinición do lume de Mourentán, que se iniciou ás 3,17 horas da madrugada deste sábado, a Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Baixo control segue o incendio forestal rexistrado na parroquia de Barral, en Castrelo de Miño, tras queimar 200 hectáreas, segundo as medicións provisionais. Na loita contra este lume traballaron 2 técnicos, 42 axentes, 83 brigadas, 54 motobombas, 4 pas, 8 avións e 11 helicópteros. Tamén se mobilizou unha unidade técnica de apoio.

Tamén permanece controlado desde as 1,10 horas deste luns o lume rexistrado na parroquia de Oroso, na Cañiza (Pontevedra), tras queimar unha superficie provisional de 25 hectáreas. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 14 axentes, 21 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 9 avións e cinco helicópteros. Xa se desactivou a alerta que se activou pola súa proximidade ao polígono industrial.

Finalmente, ás 13,20 horas quedou controlado o lume forestal de Padróns, en Ponteareas, que arrasou 20 hectáreas. Na súa extinción participaron 11 axentes, 34 brigadas, 14 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...