InicioMedio Ambiente e PatrimonioARVI lanza o seu primeiro concurso 'Mozos por unha pesca sustentable' co...

ARVI lanza o seu primeiro concurso ‘Mozos por unha pesca sustentable’ co obxectivo de buscar novas solucións

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proxecto ‘Youth for Sexa’, impulsado pola Cooperatica de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), lanzou o seu primeiro concurso nacional ‘Mozos por unha pesca sustentable‘, co que pretende involucrar á mocidade na procura de solucións de futuro para a pesca e os océanos.

Desta maneira, ata o próximo 30 de abril, todos os mozos de entre 13 e 18 anos poderán participar a través de diferentes tipoloxías de actividades (fotografía, vídeo, receitas e relatos/redacción) englobadas en catro categorías: comercio e consumo sustentable de produtos pesqueiros, activismo social participativo na pesca para protexer os mares, mellor receita gastronómica con peixe sustentable e imaxinando un futuro de pesca sustentable.

Segundo informou ARVI, de entre todas as propostas que se reciban, o xurado eligirá a catro gañadores que se darán a coñecer o 8 de xuño. O premio consistirá nunha viaxe á cidade de Vigo, visitando o seu porto pesqueiro e as Illas Cíes. A entrega oficial dos premios realizarase o 8 de xullo no marco da inauguración da Feira Vigo SeaFest.

Ademais, no marco de actividades de ‘Youth for Sexa’, este venres presentarase a campaña aos alumnos do IES Valladares de Vigo, co obxectivo de impulsar a participación dos adolescentes. Ao longo deste mes presentarase noutros institutos como o IES Atalaia de Conil e o IES San Pedro de Pinatar de Murcia.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo anula o peche dun protocolo de acoso escolar tras incumprir o centro os prazos legais

O maxistrado da Sala número 2 da sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia...

O TSXG condena o Concello de Vigo a pagar case 4,6 millóns ao Porto por incumprir o mantemento de ‘Abrir Vigo ao Mar’

Un convenio asinado hai máis de tres décadas para transformar e abrir ao público...

A CIG de Vigo chama a participar na manifestación para “loitar por unha vida digna”

A CIG de Vigo chamou este mércores a participar na manifestación convocada o vindeiro...

A Deputación comprométese co Mundial de Vigo, pero reclama a Caballero un plan real: “Non abonda” con calcular os custos

A aspiración de Vigo de converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol 2030...