InicioRaíces xudeas para que prendan en Tui

Raíces xudeas para que prendan en Tui

O Concello de Tui foi agasallado cun bonsai coa lenda “Lembra as túas raíces” pola Red de Juderías.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tui recibiu hai uns días un bonsai de Oliveira coa lenda “Lembra as túas raíces” agasallo da Red de Juderías – Camiño de Sefarad, da que Tui forma parte dende 2019, xunto a outras vinte cidades españolas.

Trátase dunha nova iniciativa da Red para sumarse a cada unha das festas do calendario xudeu. Así con motivo da festa Tu Bishvat , que se celebrou o 17 de xaneiro, obsequiou a cada cidade da rede cun bonsai. Este festexo lembra o respecto pola natureza, e no mesmo adoitase plantar unha árbore e comer os froitos das árbores.

O bonsai simboliza, ademais, dalgunha forma, a responsabilidade na conservación das raíces xudías da historia. O Concello de Tui ven de recibir o seu exemplar, que se encargará de coidar a partir de agora como unha forma de continuar coa conservación do seu legado.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradece este agasallo que, di, “ testemuña o traballo que nos últimos anos ven realizando o Concello de Tui na conservación e promoción do importante legado patrimonial da nosa cidade, que ten no patrimonio vinculado á presenza de comunidades xudías e criptoxudías na nosa cidade un dos seus elementos más significativos”.

“A pertenza á Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad, lograda no ano 2019, é unha grande oportunidade para a nosa cidade” pois, engade o rexedor tudense, “dálle a Tui novas posibilidades de promoción e de posicionamento dos seus recursos culturais e turísticos”.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...