InicioMedio Ambiente e PatrimonioAfectados por ter que demoler as súas vivendas a pé do mar:...

Afectados por ter que demoler as súas vivendas a pé do mar: “A lei ten que ser igual para todos”

O Colectivo de Afectados pola APLU, denuncia que a familias indefensas lle cae todo o peso da lei nos derribos mentras que as edificacións da familia de Alberto Núñez Feijóo non se tocan.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O colectivo de Afectados pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) concentrouse este luns 13 de decembro diante do restaurante “Maruxía”, ubicada na praia do Con (Moaña), coincidindo co inicio das obras de derribo neste negocio por parte do seu dono.

Dende este Colectivo queren amosar o seu malestar coa política de derribos da Xunta de Galicia, neste caso a través da APLU. Resulta violento ver como familias enteiras despois de 20, 30 e incluso 40 anos, vénse de súpeto requeridos para que derriben a súa vivenda ou o negocio familiar.

De entrada, dende a Xunta impoñen multas pola invasión de “espacios a protexer”, para a continuación exixir que se acometan en pouco tempo o derribo das vivendas.

“Esta actuación da Xunta, ademais de non ter parangón con outras Comunidades de España, supon unha inxustiza“, explican dende o Colectivo. Ademais do xa dito, eles entenden que a Xunta teñen parte de responsabilidade por non velar porque as vivendas se construíran onde corresponde.

“Por outra banda, é discriminatorio porque mentras ás familias indefensas caelle todo o peso da lei, vemos como outras edificacións urbanísticas á pé de costa non se tocan, como é o caso da edificación da familia do Sr. Alberto Núñez Feijóo“, conclúen dende o colectivo.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...