Home Medio Ambiente e Patrimonio Desafío coa historia: es quen de atopar nesta vivenda romana o nome gravado en pedra do seu dono?

Desafío coa historia: es quen de atopar nesta vivenda romana o nome gravado en pedra do seu dono?

0
Desafío coa historia: es quen de atopar nesta vivenda romana o nome gravado en pedra do seu dono?
Inscprición en pedra das letras MAX/ Duvi

O día 18 de xuño arrancou no xacemento da “Cibdá de Armea” a quinta campaña arqueolóxica que desenvolve nel a UVigo, con financiamento do concello ourensán de Allariz.

Os avances acadados nesta campaña 2018, comentou Adolfo Fernández, permiten situar á “Cibdá de Armea” como “unha auténtica cidade romana”, e suporía despois da cidade de Lugo o principal tecido urbano de época romana de Galicia. A riqueza que se albisca nos seus restos, sinalou, apuntan a unha capital rica e de prestixio.

Esta fotografía é a dunha antiga vivenda romana. Nela, son visibles unhas letras que, segundo sinalaron os arqueológos, probablemente indiquen o nome do propietario da vivenda. Podes descubrir quen é?

 

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here