InicioMedio Ambiente e PatrimonioDestrúen un xacemento arqueolóxico do Rosal para extraer terra para obras

Destrúen un xacemento arqueolóxico do Rosal para extraer terra para obras

Axentes do Seprona investigan por un delito contra o patrimonio histórico a un veciño supostanmete responsable da "destrución" do xacemento da Mina das Medas, catalogado como BIC.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Guardia Civil investigan por un delito contra o patrimonio histórico a un veciño do Rosal que supostamente foi o responsable da “destrución” do xacemento arqueolóxico da Mina das Medas, no mesmo municipio, para extraer terra para as obras dunha estrada.

O Instituto Armado indicou que a investigación se puxo en marcha ao ter coñecemento dun movemento de terras nunha antiga mina aurífera. Así, unha patrulla do Seprona comprobou que se estaban a realizar traballos de escavación nesta zona para retirar terra e utilizala de recheo nas obras da estrada PO-353.

Os efectivos ratificaron que o xacemento afectado está catalogado como Ben de Interese Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia, e pescudaron, ademais, que a escavación carecía da preceptiva licenza de obra para movemento de terras.

Por todo iso, notificouse ao responsable a súa condición de investigado por un delito contra o patrimonio histórico, e as dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Tui en funcións de garda.

ÚLTIMAS

“A dedo” e sen expediente: Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de Baiona

A Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de...

Atopadas as primeiras ouriceiras fóseis de Galicia nunha praia de Vigo

O xeólogo Óscar Pazos acaba de informar do descubrimento das primeiras ouriceiras fóseis (icnofóseis...

Luz verde de Mos a unha nova licenza urbanística para continuar o desenvolvemento da cidade deportiva do Celta

A xunta de goberno local de Mos aprobou este venres unha nova licenza urbanística...

A UVigo desenvolve un novo tratamento para frear a artrose e rexenerar a articulación

Investigadores do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (Cinbio)...