InicioMedio Ambiente e PatrimonioVarias depuradoras de Pontevedra, entre as máis contaminantes de Galicia

Varias depuradoras de Pontevedra, entre as máis contaminantes de Galicia

Un terzo das depuradoras de augas residuais de Galicia presentan deficiencias

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un estudo elaborado por Ecoloxistas en Acción revela que un terzo de 28 das 69 Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) que se asintan no litoral galego presentan deficiencias ou incumpren a normativa de saneamento.

Con todo, o colectivo encargado do informe lamenta que as autoridades non entregasen información sobre 41 das 69 estacións depuradoras en poboacións de máis de 2.000 habitantes que verten ás contornas costeiras ou directamente ao dominio público marítimo terrestre.

Deste xeito, Ecoloxistas en Acción, aínda que recoñece que os datos son “insuficientes”, considera que a situación en Galicia é “estraña e preocupante”, cun terzo das 28 estacións analizadas (o 40% do total) con “deficiencias” e “incumprimentos” da normativa.

En concreto, a 28 EDAR que forman parte do estudo do colectivo ecoloxista repártense, maioritariamente, entre as provincias da Coruña (Ares, Camariñas, Cariño, Cedeira, Esteiro, Laxe, Muros, Ortigueira, Pobra do Caramiñal, Ponte do Porto e Porto do Son) e Pontevedra (Arcade, Baiona, Cambados, Gondomar, Guillarei, Illa de Arousa, Meaño, Nigrán, O Grove, Praceres, Ponte Caldelas, Ribadumia, Soutomaior, Tomiño e Vilaboa). Os dous restantes atópanse en Lugo (Alfoz e Ribadeo).

Destas, o 28,6% incumpren a normativa ou verten “concentracións elevadas ao medio” dalgún dos tres parámetros analizados –DQO (osíxeno necesario para oxidar químicamente a materia orgánica), DBO5 (osíxeno para oxidar a materia orgánica biodegradable a través de microorganismos) e SS (sólidos retidos en filtro)–.

O caso máis grave, segundo resalta o informe, é o da depuradora de Praceres, en Pontevedra, que presenta incumprimentos en todos os parámetros. Ecoloxistas tamén destacan a análise da EDAR de Cariño, que incumpre a normativa referida para SS e DBO5.

Ademais, o estudo reflicte que as depuradoras de Arcade, Illa de Arousa, Ponte Caldela, Soutomaior e Vilaboa presentan concentracións de saída para DBO5 “por encima dos valores permitidos”, aínda que cumpren coa normativa “por ter rendementos bos”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...

A acusación do accidente do Saltamontes critica que os investigados “bótanse as culpas”

Unha das acusacións personadas na causa polo accidente mortal da atracción Saltamontes, ocorrido en...

O Val Miñor érguese novamente en contra da construcción de catro parques eólicos na Groba

Colectivos culturais e medioambientais que traballan na defensa da Serra da Groba presentaron alegacións...

A Xunta anuncia 2.000 vivendas no parque Ofimático de Vigo, 35 para expropiados

A Xunta de Galicia prevé que as obras de construción de vivendas e as...