InicioMedio Ambiente e PatrimonioAtopan as primeiras evidencias de minaría subterránea galaico-romana na serra da Groba

Atopan as primeiras evidencias de minaría subterránea galaico-romana na serra da Groba

PUBLICADO O

- Advertisement -

Hai unhas semanas eran atopados tres pozos mineiros cegados hai máis dunha década pola Consellería de Industria no lugar das Vornas, no Concello do Rosal, xusto no límite con Tomiño e nunha das zonas de minaría romana máis rica da provincia de Pontevedra, a da Serra da Grova. 

Don uns pozos que poden cambiar a historia da minería romana en Galicia. Trátase de tres pozos verticais que testemuñan un dos xeitos de como os romanos extraían os minerais da antiga Gallaecia. Hai moitas evidencias na minaría antiga -non so romana- de pozos verticais feitos para explorar os terreos, mais é moi posible que durante o funcionamento destas minas estes pozos de sección tan regular foran usados como entrada e saída dos mineiros, para retirar ciscallo e mineral e mesmo para ventilar, sendo estes accesos mais seguros ante as derrubas que as galerías horizontais.

Os tres pozos abren en superficie nuns foxos cavados na costa do monte. Os foxos teñen dirección N-S, dirección que probablemente é a mesma que a das cámaras subterraneas pois coincide coa dirección xeral dos traballos superficiais. A función dos foxos semella que é retirar os primeiros metros de rocha máis descomposta na superficie para evitar derrubamentos. Podes ler toda a reportaxe en Historia de Galicia.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...