InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Ría de Vigo, un "enclave único" no mundo polas súas augas

A Ría de Vigo, un “enclave único” no mundo polas súas augas

A cidade olívica acolle até o 22 de xuño o VI International Symposium on Marine Sciences

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sistema de correntes e circulación da auga na Ría de Vigo convértea nun “enclave único” en Europa, polo nivel de afloramentos e fertilización, e que permite que, pese ao desenvolvemento industrial, a baía manteña unha “boa saúde”.

Así o manifestou o investigador Ricardo Torres, do Plymouth Marine Laboratory, un dos relatores no VI International Symposium on Marine Sciencies, que este mércores foi inaugurado en Vigo polo reitor da Universidade viguesa, Manuel Reigosa; a directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez; a presidenta da Deputación, Carmela Silva; e o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero.

Segundo explicou Ricardo Torres (que pertence á primeira promoción da Facultade de Ciencias do Mar da UVigo) en declaracións aos medios, estes movementos “son moi importantes para a saúde do ecosistema” e están directamente vinculados “co que sucede na plataforma, na zona costeira“.

“Hai procesos de afloramento e afundimento, con cambios de ventos que producen a fertilización das augas que entran á ría e axudan a que teña unha gran produtividade. Por iso ten unha produción alta de mexillóns”, afirmou, e indicou que este comportamento é propio de todas as Rías Baixas.

Este científico destacou que a ría de Vigo (e a zona das Rías Baixas) é un “enclave único” en Europa por eses procesos de afloramento, comúns a zonas orientais dos continentes, que permiten a fertilización con augas profundas, ricas en nutrientes. Así, poden atoparse fenómenos similares nas costas de California, Estados Unidos, ou en Chile.

BOA SAÚDE

A este respecto, e a pesar das consecuencias que puideron ter sucesos como a catástrofe do ‘Prestige’, ou os arrastres de sedimentos de incendios forestais, a saúde da ría mantense en bos niveis.

Ricarod Torres, un dos investigadores sobre a ría de Vigo / EP

De feito, Ricardo Torres destacou que a situación non se deteriorou tanto como cabería esperar dun enclave no que hai unha gran cidade e produciuse un desenvolvemento industrial notable nas últimas décadas. Iso débese, insistiu, a eses procesos de afloramento e ao feito de que “a ría se baleira cada pouco tempo“, o que fai que sexa “máis resistente” ao crecemento da cidade e os seus arredores.

Finalmente, Torres referiuse ao quecemento global e indicou que “ten efecto en procesos de gran escala” e que hai proxeccións que indican cambios nos patróns de vento, que poden producir un incremento dos afloramentos no futuro. “Non creo que teña un efecto negativo para a ría, pero xa o veremos”, concluíu.

APOIO Á INVESTIGACIÓN

Durante o acto de inauguración do simposio (que inclúe a celebración de cinco congresos de diferentes disciplinas relacionadas coas ciencias mariñas e un workshop sobre a candidatura de Cíes a Patrimonio da Humanidade), tanto a directora do Instituto Español da Oceanografía, IEO, como o reitor da UVigo fixeron un chamamento ao novo goberno para incrementar o apoio económico á investigación.

Así, Manuel Reigosa mencionou o compromiso da institución académica co Campus do Mar e lamentou que, até agora, este tipo de iniciativas eran “pouco máis que un selo de excelencia”. Coa chegada do novo goberno, engadiu, espera que se incrementen as posibilidades de financiamento, e lembrou que os investimentos de España en investigación e ciencia están “por baixo do que lle corresponde como nación”.

Na mesma liña, a directora do IEO, Victoria Besada, celebrou que agora haxa un Ministerio de Innovación, Ciencia e Universidades, o que convida a “pensar que a Ciencia volve ter un papel destacado na estrutura do Goberno”. Ademais, apelou aos participantes no simposio para que dean a coñecer o seu traballo á sociedade e sensibilícena sobre a importancia de potenciar os estudos de ciencias mariñas.

A directora xeral de Pesca, pola súa banda, subliñou a importancia do coñecemento científico para o sector pesqueiro galego, co fin de chegar a unha xestión sustentable e solidaria dos recursos. Finalmente, tanto Carmela Silva como Abel Caballero fixeron fincapé na vinculación de Vigo co mar e os océanos, así como coa actividade económica e investigadora relativa a eses ecosistemas.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...