InicioMedio Ambiente e PatrimonioOs petróglifos dos montes de Vigo necesitan más carballos e menos eucaliptos...

Os petróglifos dos montes de Vigo necesitan más carballos e menos eucaliptos e piñeiros para protexerse dos lumes

Unha investigación feita por científicos no xacemento arqueolóxico vigués de San Salvador de Coruxo conclúe que a especie autóctona é máis resistente ao lume e protexe mellor os petróglifos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis carballos e menos piñeiros e eucaliptos. Esa é a consigna científica que debería guiar os responsables da conservación do patrimonio galego se pretenden protexer os xacementos arqueolóxicos do país do impacto dos incendios forestais e, máis concretamente, os petróglifos que abundan en Galicia.

Un estudo publicado agora na revista científica Science of The Total Environment evidencia que os carballos teñen “maior resistencia aos efectos do fogo” que piñeiros, eucaliptos e matogueiras.

“Os carballos poderían actuar como cintos protectores ao redor dos sitios arqueolóxicos, ao reducir a severidade dos incendios forestais”, din os investigadores tras analizar o impacto da vaga de lumes de outubro de 2017 nos xacementos arqueolóxicos de Coruxo.

>> INFORMACIÓN COMPLETA EN GALICIA CONFIDENCIAL

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...