InicioMedio Ambiente e PatrimonioRescatada unha avelaiona localizada nunha vivenda particular

Rescatada unha avelaiona localizada nunha vivenda particular

Os axentes recolleron ao animal e trasladárono a dependencias policiais, para a súa recollida por persoal do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cotobade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo recolleu, para o seu traslado a un centro de recuperación de aves, a un cárabo común, que foi localizado nunha vivenda da cidade.

Segundo confirmaron fontes policiais, o 092 recibiu un aviso o pasado luns pola tarde, dunha veciña da zona de Travesía de Vigo, que informaba de que tiña no seu domicilio “unha cría de bufo”.

Unha dotación desprazouse ao lugar e comprobou que o animal era un cárabo común, unha ave rapaz de tamaño medio, parecida aos bufos pero sen penachos aos lados da cabeza, e cos denominados ‘discos faciais’.

Os axentes recolleron ao animal e trasladárono a dependencias policiais, para a súa recollida por persoal do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cotobade.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...