A Xunta está a tramitar a AAI (Autorización Ambiental Integrada) dun novo vertedoiro para 1,03 millóns de m3 de refugallos industriais no polígono industrial das Somozas ao que podería trasladar 300.000 toneladas de residuos de lindano do Porriño. Trátase das instalacións da antiga Sogarisa, sociedade pública de xestión de residuos industriais, agora “UTE PMA-CONTECO/SOGARISA”. No parque empresarial das Somozas localízanse varias empresas xestoras de refugallos que acumulan numerosas denuncias por verteduras, cheiros e incendios ocasionais.
Segundo denuncia Adega, as instalacións para as que se solicita a AAI, incluido o novo vertedoiro, están destinadas ao procesamento e depósito de residuos industriais, moitos deles tóxicos e perigosos. Ademais, atópase a 250 metros dun espazo Rede Natura. “A ubicación dun complexo industrial destas características na cabeceira da ZEC Ortigueira-Mera, supón un alto risco para o medio ambiente e a saúde”, denuncia.
Ademais, a empresa industrial que se fará cargo de tratar o lindano do Porriño acumula aínda 10.000 toneladas de refugalos do Prestige acumuladas en balsas sen tratar. Toda a información no Galicia Confidencial.