InicioMedio Ambiente e PatrimonioNovas mobilizacións en Vigo para reclamar unha saída "xusta ambientalmente" do coronavirus

Novas mobilizacións en Vigo para reclamar unha saída “xusta ambientalmente” do coronavirus

PUBLICADO O

- Advertisement -

Movemento Galego polo Clima convoca este venres, xornada na que se celebra o Día Mundial do Medio Medio Ambiente, accións en varias cidades galegas para reivindicar “unha saída xusta social e ambientalmente” da crise do coronavirus.

Nun comunicado emitido este martes, o colectivo advirte que a crise sanitaria e social orixinada pola pandemia de Covid-19 evidenciou “todas as contradicións do sistema social e económico imperante”, ademais de pór de manifesto a posibilidade de adoptar medidas “drásticas” ante retos globais.

Así, subliñan que o reto do cambio climático supón unha ameaza “maior” para o planeta que a que é o coronavirus, polo que animan a reivindicar unha “transformación xusta” que poña “freo” á desigualdade, o incremento da temperatura global, a “explusión” da xente dos seus barrios e que se aposte por “condicións de vida dignas” para todos.

As concentracións contarán con límites de asistencia e medidas excepcionais de hixiene para extremar as precacuciones ante posibles contaxios, segundo explica Movemento Galego polo Clima no seu comunicado. As accións terán lugar simultaneamente a partir das 12,00 horas deste venres en Santiago, A Coruña, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Ribeira, Lugo e Ourense.

ÚLTIMAS

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...