InicioMedio Ambiente e PatrimonioO proxecto Libera achégase ao Baixo Miño para eliminar o lixo dos...

O proxecto Libera achégase ao Baixo Miño para eliminar o lixo dos espazos naturais da Guarda

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proxecto «Libera, naturaleza sin basura» convoca o vindeiro sábado, 16 de xuño, a segunda edición de «1m2 por la naturaleza», a gran recollida colaborativa nacional para liberar de lixo a natureza. Nesta ocasión, o Concello da Guarda únese como entidade organizadora, establecendo como punto de recollida a praia do Muíño.

O obxectivo da iniciativa é concienciar e mobilizar á cidadanía para manter os espazos naturais liberados de lixo. Para isto, «Libera» propón a acción de voluntarias e voluntarios de todo o país en distintos puntos da súa xeografía, promovendo a concienciación medioambiental e a recollida de lixo conxunta.

 
Nesta liña, a Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda organiza  a batida de limpeza que se realizará no areal guardés a partir das 10:00 horas do sábado. As persoas interesadas en participar nesta recollida ou noutro punto da provincia ou da comunidade autónoma, poderán consultar os puntos de recollida organizados por diferentes colectivos, organizacións e administracións públicas na páxina web www.proyectolibera.org e inscribirse.

As e os participantes deberán presentarse no acceso á praia do Muíño á hora arriba indicada, onde se lles entregará un paquete co material necesario para a recollida do lixo (luvas e bolsas de lixo de diferentes cores para a reciclaxe dos residuos).

«Libera» é un proxecto creado pola ONG medioambiental SEO/BirdLife en colaboración con Ecoembes, a organización medioambiental sen ánimo de lucro que promove a economía circular a través da reciclaxe dos envases. A acción «1m2 por la naturaleza» é a iniciativa bandeira do proxecto. Na súa primeira edición, logrou recoller 30 toneladas de lixo en 48 provincias españolas.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...