InicioMedio Ambiente e PatrimonioAviso polo avance da bolboreta do buxo na provincia de Pontevedra

Aviso polo avance da bolboreta do buxo na provincia de Pontevedra

O centro dependente da Deputación de Pontevedra recomenda revisar estas plantas e aplicar un tratamento se xa detectan as eirugas da bolboreta. No caso do mildio, subliña que de momento non hai que realizar tratamentos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de emitir un novo aviso fitosanitario acerca da bolboreta do buxo e do mildio das vides. Deste xeito, a responsable dos avisos fitosanitarios, Rosa Pérez Otero, subliña que as pragas e enfermidades das plantas continúan a súa evolución e as condicións meteorolóxicas destes días, con altas temperaturas na provincia, están a favorecer a actividade dos vexetais e o avance das pragas.

No caso da bolboreta do buxo (Cydalima perspectalis), Pérez indica que nalgunha das sebes da finca de Areeiro observouse que as eirugas estaban saíndo da hibernación e xa empezan a aparecer síntomas evidentes da súa alimentación. Aínda que non é unha situación xeral e de feito algunhas sebes están vigorosas e con gromos perfectamente verdes, é conveniente que as persoas que teñan estes arbustos no seu xardín revisen moi atentamente as súas plantas e, se a situación é coincidente, retiren os gromos afectados e/ou apliquenun tratamento.

A revisión debe incluír tamén a zona inferior das plantas porque nalgúns casos as eirugas se centran nesa zona. E os posibles tratamentos deben facerse como é habitual, a elevada presión e con minuciosidade.

A EFA tamén verificou a maduración das primeiras ósporas de mildio en vides da provincia, pero lembra que este fenómeno simplemente indica que o fungo está a iniciar a súa actividade, e que de momento non hai que realizar tratamentos.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...