InicioMedio Ambiente e PatrimonioO modelo dos montes veciñais como garantía para a sustentabilidade dos recursos...

O modelo dos montes veciñais como garantía para a sustentabilidade dos recursos forestais

O modelo comunitario é chave para manter a biodiversidade e reducir o risco de incendios. Científicos avisan de que, “a longo prazo, o abandono dos usos tradicionais conduce a unha simplificación e homoxeneización do mosaico da paisaxe rural”. Galicia conta con máis de 3.312 comunidades de montes veciñais en man común que abarcan a cuarta parte do territorio e case a metade da superficie arborada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

En Galicia hai 3.312 comunidades de montes veciñais en man común que ocupan unha superficie dunhas 665.000 hectáreas, a cuarta parte do territorio galego e case a metade da súa superficie forestal arborizada. Así o expoñen os datos do primeiro Anuario de Estatística Forestal de Galicia, editado pola Xunta a través da Consellería do Medio Rural, con datos actualizados a 2018.

Estamos ante un caso singular en España, onde esta forma de xestión comunitaria dos montes forma parte do acervo cultural dos galegos; unha tradición que garante a conservación da biodiversidade. Así o afirma un estudo de científicos adscritos ao Institut de Ciència i Tecnologia Ambientals de la Universitat Autònoma de Barcelona, Departamento de Biología de Universidad Autónoma de Madrid, Centro de Investigación en Biodiversidad y Cambio Global (CIBC-UAM) de Madrid e Institució Catalana de Recerca i Estudis Avançats (ICREA).

Segundo estes expertos, a xestión comunitaria de terras baseada é “útil para o mantemento de ecosistemas diversos e de alto valor ecolóxico”, ata o punto de que se demostrou que “o abandono dos sistemas comunitarios tradicionais afecta negativamente a biodiversidade” e “aumenta o risco de incendios”. É por iso polo que o modelo comunitario preséntase como unha garantía para a sustentabilidade dos montes galegos. De feito, comprobouse que “a propiedade tradicional baseada na comunidade superponse con áreas ricas en biodiversidade”.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...

Unha explosión durante unha voadura nunha canteira do Porriño deixa catro traballadores feridos, un deles grave

Catro traballadores resultaron feridos, un deles de gravidade, nunha explosión rexistrada este venres nunha...