InicioMedio Ambiente e PatrimonioPrimeira polémica polas obras na rúa Elduayen para a construcción do túnel

Primeira polémica polas obras na rúa Elduayen para a construcción do túnel

Veciños denuncian que comezaron sen aviso e que están danando edificios históricos e a asociación Vigo Histórico califica estas obras coma "monumental chapuza". O concello lembra que as obras comezaron xa o mércores cun acto público e que se deu a viso a toda a veciñanza.

PUBLICADO O

As obras para construir o gran tunel no centro de Vigo comezaron este xoves. Os veciños da rúa Elduayen (Vigo) espertaron cos ruídos dos traballos para comezar as obras. “Comezaron a poñer uns aparatos que non sabemos o que son”, asegura Paloma, unha residente da zona. As obras, son do Concello para a colocación duns medidores do movemento do edificio, que colocaron “sen permiso e sen avisar aos veciños da zona”, aseguran.

Fixeron obras nos edificios sen a nosa autorización, coa excusa de ter permiso verbal do concelleiro” asegura a mesma veciña. Desde a plataforma transversal de Vigo Histórico, o seu voceiro, Rafael Ferradáns, considera os feitos acontecidos coma “unha chapuza máis por parte do Concello”.

Así, inidca que chamaron á Policía Local que parou aos obreiros que estaban colocando os medidores nas fachadas, “mais os que operaban na vía pública seguiron”. “É ilegal e denunciarémolo” advirte o voceiro. “Moitos deses edificios perforados teñen un gran patrimonio histórico para a cidade” engade.

O CONCELLO DEFENDE AS OBRAS

Respecto a esta acusación, o goberno local quixo desmentir tal extremo e aclarou que en ningún caso realizaron perforación algunha en fachadas. “O Concello está colocando actualmente, aproveitando perforacións xa existentes nas fachadas, prismas de auscultación e puntos de nivelación, é dicir, sistemas de vixiancia e seguridade que xa figuran como requisito no propio proxecto para o control das edificacións”, indica nun comunicado.

Así, destaca que este tipo de material é utilizado para controlar que os procesos de construción e a súa interacción coa contorna están dentro do escenario contemplado no proxecto. “Nas edificacións que se negou a colocación dos elementos en fachada expresamente, non se instalaron e en breve solicitarase formalmente”, apunta.

Por iso, destaca que a veciñanza debe saber que este protocolo de control “é para a seguridade das edificacións” e, polo tanto, “son actuacións recollidas no proxecto que non están danando o Patrimonio e retiraranse ao acabar as obras sen ningún tipo de afección ás fachadas”.

O PROXECTO É “INNECESARIO E IRRESPETUOSO CO MEDIOAMBIENTE”

Pola súa banda, Santiago Vidal, tamén de Vigo Histórico critica duramente esta obra. “Non existe xustificación no expediente da obra“, indica. En canto á suposta reducción da pegada de carbono que deixaría a obra, e mellora para o medio ambiente, asegura que se “contradice”. “Tal e como está plantexado vai conseguir que o centro de Vigo sexa atravesado por máis coches. Emitirase máis dióxido de carbono” argumenta.

O representante da plataforma, di que na tramitación da obra hai unha chea de “ilegalidades das que o alcalde é consciente”. “Nós presentamos unha revisión de oficio no Concello e, tras 4 meses, aínda non abriron o expediente” explica. Argumenta Santiago que Abel Caballero non quere abrir o expediente constructivo porque “sabe que se comeu partes dos trámites, cometendo irregularidades”.

“O que aconteceu hoxe é só unha anécdota máis” relata, xa que “este proxecto é moi estrano desde o momento en que estaba fixado cun gasto de 17 millóns de euros e agora, cambian de empresa e custa 13“. “Nós non cremos que sexa necesario o túnel, o centro péchase para o tráfico en Nadal, no entroido, nas maratóns… Pode ir limitándose pouco a pouco. A cidadanía xa sabe o que é moverse pola cidade sen tránsito de coches por estas vías” conclúe Santiago Vidal.

“OBRA MÁIS IMPORTANTE DE VIGO”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidía este mércores o acto simbólico de colocación da primeira pedra da reforma de Porta do Sol. A reforma, que se executará ao longo de dous anos, inclúe o soterramento do tráfico a través dun túnel que discorrerá desde Policarpo Sanz ata Elduayen, e prevé a humanización dunha “gran praza”, con novo mobiliario urbano, elementos ornamentais e “unha zona verde importante“. Así mesmo, instalaranse elementos mecánicos para facilitar o acceso desde Carral.

“Con esta obra resólvese unha “lagoa histórica como é a ausencia dunha gran praza peonil no centro de Vigo, que se converterá en lugar de reunión e celebración de eventos, e que permitirá poñer en valor a arquitectura da contorna”, dicía Caballero.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...