InicioMedio Ambiente e Patrimonio(Vídeo) Caballero confirma que non se cortarán os cedros de Don Bosco:...

(Vídeo) Caballero confirma que non se cortarán os cedros de Don Bosco: “Iso é unha mentira dos do PP”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este luns que non se cortarán os cedros da Praza Don Bosco desta cidade. Unhas declaracións que fixo durante a posta da simbólica primeira pedra das obras que mudarán a faciana da Rolda de Don Bosco.

“Non. Non se vai cortar ningunha árbore. Iso é unha mentira dos de sempre… que son os do PP”, dixo Caballero a preguntas de Xornal de Vigo tras as críticas aparecidas nas redes sociais nas que se acusaba ao rexedor de querer cortar as árbores desta praza.

Así, determinados usuarios de Facebook acusaban ao concello de querer cortar estes cedros “con la excusa de que se pueden caer por su mal estado” e “sin embargo han resistido que les agarren los tensores de las luces de Navidad”.

ÚLTIMAS

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...