InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Concello anuncia un plan de limpeza de toda a canle do...

O Concello anuncia un plan de limpeza de toda a canle do Lagares

Mentres o Goberno local di que a Xunta ten "abandonado" o río, O executivo autonómico lembra que o mantemento en tramos urbanos de ríos é responsabilidade municipal, segundo a normativa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo anunciou un plan de limpeza e retirada de maleza e residuos en toda a canle do río Lagares, a pesar de que dita tarefa “é competencia exclusiva” da Xunta de Galicia, que ten ese río “abandonado”, asegura o alcalde, Abel Caballero, quen subliñou que, nestes días, debido ás fortes choivas, o caudal creceu e formáronse “pequenas presas naturais” polas ramas e troncos que se acumulan no leito do río.

Segundo denunciou, a atención do goberno galego ao Lagares é “cero patatero”, polo que o Concello “se vai quedar coa xestión” do río, a pesar de ser “dominio autonómico”. “Xa estamos a facer un proxecto para limpar a maleza e residuos, imos actuar en toda a canle do río (que discorre na súa totalidade polo termo municipal vigués). Ímonolo quedar, e dános igual o que diga ou faga a Xunta“, proclamou Abel Caballero.

O rexedor lembrou que, cando chegou ao goberno da cidade hai 12 anos, o Lagares sufría verteduras contaminantes “practicamente a diario”, e actualmente é un río “extraordinario en termos ambientais”. “Hai pesca, hai patos… está atendido”, presumiu o alcalde.

“RESPONSABILIDADE” DO CONCELLO

Pola súa banda, a Xunta saíu ao paso destas manifestacións de Abel Caballero, lembrando que o Concello de Vigo “ten a responsabilidade de limpar e manter en bo estado de conservación o tramo urbano do río Lagares”, tal e como lle trasladou “en innumerables ocasións”, de acordo co que establece o Plan Hidrolóxico Nacional.

A lexislación fixa como unha responsabilidade dos concellos actuar nos tramos urbanos dos ríos, así como en todas as infraestruturas das marxes que sexan da súa titularidade”, precisaron fontes autonómicas, que engadiron que a Xunta se encarga da limpeza e conservación de 15.000 quilómetros de canles, mentres que os concellos fano en 300 quilómetros.

Finalmente, incidiu en que o Concello olívico “ten o deber de contribuír a mellorar o estado de conservación do río Lagares” e “non hai escusas”. Así mesmo, sobre a transferencia do río, reclamada por Abel Caballero, a Xunta matizou que dita transferencia é “contraria á lei estatal de augas, á lei autonómica de Augas de Galicia e ao propio Estatuto de Galicia”.

ÚLTIMAS

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Piden 4 anos e medio de cárcere para a edil de Seguridade de Vigo polo caso Saltamontes

As acusacións particulares do chamado caso Saltamontes de Vigo, que representan aos pais e...

Un baionés recolle 60.000 sinaturas para esixir ao Goberno e a UE a obriga de introducir sensores antiabandono nas sillas infantís

Despois do falecemento de outra nena de dous anos este fin de semana en...