InicioMedio Ambiente e PatrimonioUnha especie invasora asiática ameaza un dos grandes espazos ecolóxicos de Galicia

Unha especie invasora asiática ameaza un dos grandes espazos ecolóxicos de Galicia

Medio Ambiente quere erradicar das Gándaras de Budiño a Fallopia japonica, unha especie nativa de Asia que está atacando a fauna e flora deste ecosistema protexido, xa de por si moi afectado polo gran polígono industrial da Granxa.

PUBLICADO O

Fallopia japonica é unha especie herbácea nativa de Asia oriental  (principalmente Xapón, China, e Corea) pero nos últimos ten colonizado un dos espazos medioambientais máis ricos de Galicia, as Gándaras de Budiño, que se estende entre os concellos do Porriño, Tui e Salceda de Caselas.

Este espazo, declarado como zona especial de conservación (ZEC), está formado por un conxunto de lagoas, balseiros e regatos no curso do río Louro e é unha das maiores extensión de lagoas, e outras augas continentais de Galicia. E destaca, sobre todo, pola súa fauna e flora; a vexetación acuática e sobre todo a gran cantidade de aves migratorias que fan deste espazo un importante punto de interese científico.

Pero, nos últimos anos, as Gándaras de Budiño levan sufrindo numerosos problemas. Ao pé mesmo de todo este ecosistema,  está o ameazante polígono industrial da Granxa, que aglutina a crecente actividade empresarial de Porriño e Vigo e, cuxa ampliación, afectou directamente a importantes partes deste espazo.

A FALLOPIA JAPONICA

Con todo, un dos graves problemas aos que se enfronta  esta área protexida é a proliferación da Fallopia japonica, unha especie que se asemella ao bambú e que pode alcanzar un tamaño de 3-4 metros. Está clasificada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza como unha das 100 peores especies invasoras do mundo e incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras.

Gándaras de Budiño,espazo protexido / panoramio
Gándaras de Budiño, un espazo protexido ao pe do río Louro / panoramio

De feito, é tan perigosa que ata o seu sistema radicular invasivo e un forte crecemento poden danar as bases de cemento, os edificios, defensas contra inundacións, estradas, pavimentación, muros de contención e sitios arquitectónicos. Tamén pode reducir a capacidade das canles nas defensas contra inundacións para controlar a auga. Nas Gándaras de Budiño, as Fallopia japonica teñen xa causado un importante estrago no ecosistema local.

Por iso, a Consellería de Medio Ambiente destinará máis de 200.000 euros para tentar restarurar o hábitat deste ecosistema. Para iso, a empresa adxudicataria terá que destinar un equipo composto por tres persoas e un director con titulación universitaria en bioloxía, ciencias ambientais, enxeñería de montes, enxeñería forestal ou titulación equivalente e cun mínimo de cinco anos de experiencia en traballos relacionados coa xestión de flora de especies exóticas invasoras.

ERRADICACIÓN EN TRES ANOS

Este equipo de catro persoas terá que traballar durante tres anos para tentar erradicar esta especie, primeiro cunha limpeza inicial da zona e logo coa aplicación de herbicidas a base de glifosato, autorizado en medio acuático. Con todo, Medio Ambiente alerta do elevado potencial rexenerador da Fallopia japonica e por iso insiste en que, durante estes traballos, se evite que parte das sementes caian á auga ou en vías de comunicación xa que, son, precisamente os cursos fluviais ou os vehículos as que máis a están espallando.

A planta tamén é resistente ao corte, polo rebrote vigoroso das raíces. Por iso, o método máis eficaz de control é mediante herbicidas de aplicación preto da fase de floración a finais do verán ou no outono.  Existen dous axentes de control biolóxico de plagas que poden controlar esta planta; son o psílido Aphalara itadori e unha mancha da folla de fungos do xénero Mycosphaerella.

MÁIS ESPECIES AMEAZADAS

Non é a primeira vez que este espazo se ve ameazado. O sapoconcho común (Emys orbicularis) é unha especie en perigo de extinción en Galicia dende 2007. Un dos seus principais hábitats está, principalmente, nas Gándaras de Budiño e as súas principais ameazas son a perda de hábitat, o pequeno tamaño das poboacións e a presenza de especies exóticas invasoras (EEI), principalmente, os sapoconchos de Florida, que introduciron un parasito que provoca un alto índice de mortalidade entre os espécimes galegos.

Outro dos grandes problemas aos que se enfronta as Gándaras de Budiño é o da crecente actividade industrial. De feito, en 2008, unhas obras na charca e barreira de Cerquido, outro espazo natural veciño ás Gándaras, viuse seriamente afectado.

A fallopia japonica, unha das especies invasoras máis perigosas de Galicia
A fallopia japonica, unha das especies invasoras máis perigosas de Galicia / wikipedia

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...