InicioMedio Ambiente e PatrimonioQue pasaría ante un accidente das grandes industrias químicas de Galicia?

Que pasaría ante un accidente das grandes industrias químicas de Galicia?

A Xunta aproba os plans de emerxencia exterior en caso de accidente de Arteixo Química, Syngenta España e Cabo Prioriño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

 Os Plan de Emerxencia Exterior (PEE)  teñen como obxectivo previr e, se é o seu caso, mitigar as consecuencias dos posibles accidentes graves nos que interveñen substancias perigosas. Establecen as medidas de protección máis idóneas, os recursos humanos e materiais necesarios para a súa aplicación, e o esquema de coordinación das autoridades, organismos e servizos chamados a intervir.

Así, e se en Galicia hai un accidente grave cunha das industrias de materiais perigosos terían que existir xa zonas de intervención e alerta; sistemas de articulación coas organizacións das administracións municipais; procedementos concretos de información á poboación e, sobre todo, medios e recursos específicos para as actuacións previstas.

E, precisamente, para previr un posible accidente grave en Galicia, o Consello da Xunta deu este xoves luz verde aos proxectos de decreto polos que se aproban os PEE de Cabo Prioriño, en Ferrol, así como as revisións e actualizacións dos PEE de Arteixo Química e de Syngenta España. Arteixo Química, en Arteixo, e Syngenta España, no Porriño e Mos, contaban xa cos seus respectivos plans de emerxencia, aprobados polo Decreto 49/2011, do 17 de marzo, pero agora facíase necesario aprobar a súa actualización.

Os tres plans foron remitidos aos concellos correspondentes, sometidos a información pública, e recibirán o informe favorable tanto pola Comisión Galega de Protección Civil como pola Comisión Permanente do Consello Nacional de Protección Civil.

Actualmente, a Xunta tiña aprobado un total de 10 PEE, aos cales agora se suma o de Cabo Prioriño. Deste xeito, todos os establecementos industriais que deben contar cun Plan de emerxencia exterior xa o teñen. A Xunta, ademais, lembra que o depósito de lodos vermellos de Alcoa en Xove conta tamén cun plan de emerxencia exterior elaborado para garantir a seguridade da poboación do contorno, e que está redactado conforme a normativa de minas.

ÚLTIMAS

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...