InicioMedio Ambiente e PatrimonioAparece o xacemento humano máis antigo de Galicia

Aparece o xacemento humano máis antigo de Galicia

No concello das Neves descubríronse numerosas prezas grandes que serviron como ferramentas no Pleistoceno Medio. O seu estado de conservación é moi bo. O equipo de investigación datou este xacemento como o máis antigo con actividade humana en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A revista Scientific Reports acaba de publicar un artigo escrito polo Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH), sobre os principais aspectos xeolóxicos, xeocronolóxicos e arqueolóxicos do xacemento de Porto Maior, que contén a maior concentración de grandes ferramentas características do Achelense en todo o territorio europeo polo de agora.

As datacións obtidas por Resonancia Paramagnética Electrónica (eESR) sobre grans de cuarzo, previamente branqueados opticamente e por Luminiscencia (pIR-IR), aplicadas tamén sobre grans de feldespato en sedimentos, sitúan os achados entre os 300.000 e os 200.000 anos de antigüidade. Isto convérteo no xacemento con restos de actividade humana mais antigo de Galicia.

TIPOLOXÍA DOS ACHADOS

A datación cronolóxica confirma a coexistencia de dúas tradicións tecnolóxicas diferenciadas. Por unha banda o achelense de tipo africano e o de Porto Maior, nas Neves, sería un dos máis grandes exemplos, e as industrias tipo Paleolítico medio antigo en Europa, no final do Pleistoceno Medio.

No traballo de redación que deu a coñecer este xacemento participaron Eduardo Méndez-Quintas, Manuel Santonja, Alfredo Pérez-González do CENIEH, Mathieu Duval do Australian Research Centre for Human Evolution, Martina Demuro e Lee Arnold da Universidade de Adelaida. O traballo financiouno a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, así coma por diferentes proxectos del Ministerio de Economía, Industria y Competitividad e o Australian Research Council.

ACHELENSE

O achelense ou industria de modo 2, é unha industria lítica orixinada no Paleolítico Inferior. Considérase que apareceu hai máis de un millón de anos en África oriental. As ferramentas son pedras labradas denominadas “bifaces”, por estaren traballadas por dúas caras e a súa función era de “fendedores”, que fan cortes oblícuos. Existen varias subdivisións dentro deste tipo de ferramentas prehistóricas e a atribución destas pedras labradas outórgaselle ao Homo Ergaster.

ÚLTIMAS

Detidas dúas mulleres en Redondela tras ser interceptadas nun coche roubado

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional detiveron a pasada madrugada...

SOS Sanidade Pública sinala ao Álvaro Cunqueiro como a “zona cero” dos recortes

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo animou este venres a participar na manifestación...

O BNG esixe suspender a nova licitación do bus en Vigo para evitar unha “hipoteca” de nove anos

O Pleno do Concello de Vigo debaterá o vindeiro luns unha moción do BNG...

A Garda Civil investiga a unha veciña de Baiona por explotar e ameazar a mulleres estranxeiras “sen papeis”

A Garda Civil investiga a unha muller residente en Baiona (Pontevedra) como presunta autora...