InicioMedio Ambiente e PatrimonioVolve arder Punta Couso, en Cangas

Volve arder Punta Couso, en Cangas

En total arderon ao redor de dúas hectáreas de terreo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A zona de Punta Couso, en Cangas do Morrazo, volveu a rexistrar dous incendios forestais na tarde deste luns. Un permanecía estabilizado e o outro xa controlado e en total arderon ao redor de dúas hectáreas de terreo.

Estes dous súmanse ao foco activado o sábado nesta mesma área da parroquia de Hío próxima a uns cantís. Con todo, segundo fontes da Consellería do Medio Rural, “non está claro” que se trate dunha reactivación.

O primeiro dos lumes rexistrados este luns comezou sobre as 16,14 horas e quedou controlado sobre as 20,12 tras calcinar 0,2 hectáreas de monte raso. No lugar traballan dous axentes, cinco brigadas, tres motobombas, tres helicópteros e un avión.

O segundo, que se iniciou sobre as 17,55 horas e permanecía estabilizado desde as 19,00, xa queimou entre 1,5 e 2 hectáreas, segundo estimacións de Medio Rural. Na súa extinción participaban tres axentes, cinco brigadas, tres motobombas, catro helicópteros e catro avións.

Os efectivos de extinción controlan un incendio dunha hectárea en Cangas

Galería- Imaxes do Incendio de Punta Couso, en Cangas

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...