InicioMedio Ambiente e PatrimonioDenuncian "outro arboricidio" en Vigo

Denuncian “outro arboricidio” en Vigo

Verdegaia considera completamente innecesaria" a corta realizada en Gregorio Espino.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia “outra corta de árbores completamente innecesaria” en Vigo, nesta ocasión na Avenida Gregorio Espino, tras a realizada en Gran Vía.

“Facendo unha alegoría legal, teríamos que clasificar esta corta como un arboricidio con aleivosía. Un arboricidio pola morte de seres vivos indefensos e con aleivosía polo modo falso e ruín como foi realizada”, denuncian os ecoloxistas.

Verdegaia critica o Concello por cortar “todas as árbores cando a obra de humanización xa estaba practicamente rematada”.

Os ecoloxistas distinguen “proxectos como as escaleiras mecánicas de Gran Vía que implican necesariamente a corta das árbores, doutros proxectos como a humanización de Gregorio Espino que para nada implicaba a corta”. Para eles, este caso é “simplemente outra demostración da total ausencia de sensibilidade ambiental á hora de planificar unha obra pública”.

Ademais, consideran “intolerable que en poucos anos se teñan cortado centos de árbores das máis diversas especies por unha mera cuestión estética”.

“As árbores non se poden considerar como simple mobiliario urbano, é inadmisible que se cataloguen no mesmo ítem contable que as farolas ou as marquesiñas”, argúen.

Verdegaia recorda que as árbores “desempeñan un papel fundamental para contrarrestar a inxente cantidade de gases de efecto invernadoiro que diariamente xera o tráfico motorizado”. Porén, din, “a resposta das autoridades municipais segue pasando por marxinalizar os medios de transporte máis sustentables e cortar árbores”.

Comezan as obras na Gran Vía: “Unha sociedade que apoie maioritariamente a talla de árbores é unha sociedade enferma”

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...