InicioVal MiñorGondomarA erradicación de acacias e eucaliptos nos montes de Couso, en Gondomar,...

A erradicación de acacias e eucaliptos nos montes de Couso, en Gondomar, premiado pola ONU

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Monte Veciñal en Man Común de Couso, no municipio pontevedrés de Gondomar, foi incluído dentro da categoría de Áreas Conservadas por Comunidades Locais (ICAA) polas Nacións Unidas Medio Ambiente (UNEP-WCMC).

A asociación Iniciativa Comunais explica nun comunicado que a “entidade de xestión comunitaria” de Gondomar abordou “un ambicioso programa para eliminar” do seu territorio “especies invasoras como as acacias ou o eucalipto”.

Ademais deste monte, tamén foi declarada como ICAA a Comunidade de Regadoras de Cañar-Bajas, en Granada debido, principalmente, á súa “xestión e o aproveitamento para a rega do caudal de auga desde tempos inmemorial”.

Coa incorporación destas dúas, xa son seis as ICAA declaradas en España ata a data, desde que en 2017 as dúas primeiras foron rexistradas no Rexistro Internacional de ICAA xestionado por Nacións Unidas Medio Ambiente.

Deste xeito, o Monte Veciñal en Man Común de Couso, indica Iniciativa Comunais, cumpre as características necesarias para que un territorio se considere ICAA: “A existencia dunha comunidade ben definida vinculada a un territorio ben definido, a disposición dun sistema propio de gobernación e a consecución de resultados positivos en termos de conservación da natureza”.

ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...