InicioMedio Ambiente e PatrimonioProxecto pioneiro nas bateas da ría para convertelas no pulmón verde do...

Proxecto pioneiro nas bateas da ría para convertelas no pulmón verde do mar de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Autoridade Portuaria de Vigo presentou o proxecto de rexeneración de fondos mariños ‘Peiraos do Solpor‘, que empregará as estruturas verticais existentes nas bateas para crear ecosistemas de microhábitats que permitan implantar algas e novas especies.

Segundo recolleu a Xunta nun comunicado, trátase dunha iniciativa impulsada mediante a colaboración público-privada na que participan o Porto, o Campus do Mar da Universidade de Vigo (UVigo), o Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), o Centro Oceanográfico de Vigo e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

‘Peiraos do Solpor’ é un proxecto do Porto de Vigo enmarcado a súa estratexia Blue Growth 2016-2020, que aspira a apoiar o crecemento do emprego relacionado co mar dun modo sustentable na Unión Europea (UE).

Na súa presentación, este martes en Vigo, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, destacou o labor levado a cabo pola Autoridade Portuaria para compatibilizar o seu desenvolvemento e a súa actividade industrial coa conservación do ecosistema mariño e da riqueza ecolóxica.

Nesta liña, defendeu que o Porto de Vigo demostra que estas entidades poden ser “xeradoras de riqueza ecolóxica” e protexer a “biodiversidade” que alberga a zona na que se sitúan. Así, puxo en valor as súas accións enfocadas a reducir e controlar as verteduras ata achegarse “aos máis altos estándares” e asegurou que se converteu nun “referente de porto verde no sur de Europa”.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...