InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta "pon por primeira vez diñeiro" para que os concellos limpen...

A Xunta “pon por primeira vez diñeiro” para que os concellos limpen montes preto de casas

PUBLICADO O

- Advertisement -

 

A Xunta achegará oito millóns de euros para axudar aos concellos a limpar as franxas de seguridade contra o lume nas inmediacións de inmobles e vivendas. Diso informou este xoves o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, nunha entrevista na Radio Galega, na que valorou que “a Xunta por primeira vez vai pór diñeiro para rozar as parcelas” e este ano serán “probablemente oito millóns de euros”.

Así mesmo, apuntou que Seaga, empresa pública da Xunta, encargarase destas tarefas para axudar aos municipios. García pon o foco sobre a imposibilidade de que os traballos de roza estean realizados antes do 31 de maio, tal e como marca a normativa, nos 30.000 núcleos de poboación cos que conta Galicia.

O convenio da Fegamp coa Xunta establecerá criterios para a limpeza destas franxas de seguridade en función do “perigo”. “Hai datos suficientes para saber que aldeas son de nivel 1, de nivel grave, onde vai haber lumes si ou si, aí será onde haxa que limpar”. Este mesmo mércores a Xunta anunciou tamén que axilizaría a recollida da madeira queimada sete meses depois da vaga de lumes.

Noutra orde de cousas, avanzou que prevé que en dous meses estea pechado o pacto da auga coa Xunta, cun acordo para unificar tarifas e estándares de calidade nos municipios, así como para incrementar partidas destinadas ao saneamento de augas.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...