InicioMedio Ambiente e PatrimonioCans presos de por vida no Morrazo

Cans presos de por vida no Morrazo

Asociacións animalistas coma Libera! ou a Fundación Franz Weber veñen de denunciar esta práctica e propoñer sancións específicas. Manteñen unha páxina web, rompesucadena.info, para que os cidadáns declaren os casos que coñezan.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os colectivos animalistas claman pola erradicación do apresamento continuado de animais, con cadeas e cordas, e a limitación extrema de movementos, localizada nesta ocasión nun dos municipios da comarca do Morrazo.

A través de avisos anónimos á páxina web www.rompesucadena.info, a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber comproban a presenza de cans atados sen refuxio nin alimentación adecuados.

Os animalistas sinalaron que ademais dunha potencial infracción de carácter grave pola cadea, que pode sancionarse con ata 5.000 euros, é habitual que estes achados inclúan faltas de identificación do animal, carencia de atención veterinaria regular e condicións hixiénicas básicas.

De forma paralela, as asociacións sinalan que a continuidade destas situacións fai urxente o desenrolo dunha campaña específica de sensibilización por parte da Xunta e os concellos da comarca do Morrazo, onde aseguran que é habitual ver cans presos de forma continuada.

Así, FFW e LIBERA! expoñen á Mancomunidade do Morrazo o deseño e difusión dunha iniciativa informativa, para tratar de combater estas prácticas de maltrato con más conciencia cidadá, fomentando as denuncias e o cambio das condicións nas que atopan aos animais.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...