InicioMedio Ambiente e PatrimonioCatro praias de Bueu conseguen a bandeira azul un ano máis

Catro praias de Bueu conseguen a bandeira azul un ano máis

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) vén de anunciar as
bandeiras azuis para os areais de España durante este verán. Así, o Concello de Bueu mantén as catro bandeiras azuis nas praias de Area de Bon, Portomaior, Lagos e Lapamán, nas que se valoraron a calidade das augas, a información e educación ambiental, a seguridade, os servizos e as instalacións.

Ademais, a vila morracense consegue o distintivo azul para o sendeiro de Cabo Udra e a Aula da Natureza deste espazo, así como para o Centro de Interpretación de Agrelo, inaugurado a finais de 2015 tras ser rehabilitado polo goberno municipal.

O municipio bueués recolle un ano máis os froitos das diversas obras e xestións que se
levan realizando para manter este distintivo que concede a ADEAC como un premio aos
concellos que realicen unha labor importante no mantemento e acondicionamento do
patrimonio natural. Neste senso, a concelleira de Turismo e Promoción Económica,
Silvia Carballo, resalta que “conseguimos todas as candidaturas que pretendemos”.

Ademais, destaca a satisfacción “por lograr un ano máis revalidar estes distintivos tras o
bo traballo e esforzo de veráns pasados na totalidade dos areais”. Con eles, o goberno
local agarda ir afianzando un modelo de turismo sostible, que aposte polos recursos
naturais, tal e como reflicte o Centro de Udra, que recibe visitas ao longo de todo o ano,
por parte de colexios e diversos colectivos que queren coñecer a fauna e flora e a cultura
da nosa contorna.

Por último, a edil lembra que estes distintivos son unha mostra do bo estado das praias,
non só das de Bandeira Azul, senón tamén das restantes, nas que “agardamos seguir
mellorando e implementando servizos”.

ÚLTIMAS

Ferida unha muller tras producirse un desprendemento de terra no paseo de Bouzas, en Vigo

Unha muller resultou ferida na mañá deste martes tras producirse un desprendemento de terra...

Así se vivirá o papel da muller na ciencia na UVigo durante todo este mes

Co obxectivo de pór en valor o papel das científicas e de fomentar as...

A Xunta asinará o convenio da ETEA a semana que vén con críticas a Caballero por “oito meses de atraso”

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, celebrou que a...

Mos decreta tres días de loito oficial polo crime machista de Sanguiñeda

O Concello de Mos decretou tres días de loito oficial polo crime da muller...