InicioMedio Ambiente e PatrimonioPolémica sobre a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón

Polémica sobre a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón

A eurodeputada Lidia Senra denunciou ante a Comisión Europea este proxecto. "O tráfico que se pretende desviar á Enseada de San Simón" podería albergarse "nas instalacións que xa hai no propio porto, sen necesidade destas novas", asegurou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A eurodeputada Lidia Senra denunciou ante a Comisión Europea (CE) o proxecto do Porto de Vigo para transformar varias instalacións portuarias obsoletas nunha nova terminal “mediante recheos de gran calado” na Enseada de San Simón, incluída no espazo marítimo da Rede Natura.

Senra rexistrou esta semana unha pregunta parlamentaria por escrito dirixida á Comisión, na que explica ao organismo que estas instalacións “se levarían a cabo nunha área especialmente sensible”, por tratarse “dunha zona de estuario”, así como “unha zona marítima de explotación tradicional que acolle máis de 1.500 postos de traballo en pesca artesanal, marisqueo e bateas de mexillón”.

En relación a esta cuestión, a eurodeputada indica que o Porto de Vigo presenta “índices de utilización dos seus peiraos actuais inferiores ao 50%”, polo que “o tráfico que se pretende desviar á Enseada de San Simón” podería albergarse “nas instalacións que xa hai no propio porto, sen necesidade destas novas”.

Ante esta situación, Lidia Senra pediu á Comisión que se posicione sobre se cre que esta ampliación ten “fundamento” e se é “posible” facelo nun espazo da Rede Natura. O Porto de Vigo, lembra Senra, “non dispón da ferramenta fundamental de planificación da actividade, a Delimitación dos Espazos e Usos Portuarios, porque foi anulado por sentenza do 4 de decembro de 2017 da Audiencia Nacional”.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...