InicioMedio Ambiente e PatrimonioVigo e Nigrán os concellos máis afectados de Galicia polo paso do...

Vigo e Nigrán os concellos máis afectados de Galicia polo paso do temporal

O 112 destaca as incidencias reiteradas no sur da provincia de Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo, con 27 incidencias, e o de Nigrán, con 11, foron os concellos galegos máis afectados polo temporal deste martes. Por outra banda, A Estrada e Ames sumaron respectivamente 10 incidencias, Pontevedra 8, Santiago de Compostela 6 e Poio e Redondela 4 en cada municipio.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia rexistrou, entre as 13,00 horas do martes e as 7,00 horas deste mércores, un total de 207 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa que a afecta á Comunidade galega, aínda que ningunha revestiu gravidade.

As árbores, ramas e bolsas de auga rexistrados sucederon sobre todo en vías secundarias e fóronse solucionando a medida que foron interviñan os servizos de emerxencias.

No entanto, o 112 destaca as incidencias reiteradas no sur da provincia de Pontevedra, con especial fincapé no municipio de Nigrán, debido a unha casa á que o vento provocou danos importantes no tellado. Isto ocasionou a filtración da auga de choiva.

En xeral, tratouse dun intervalo de tempo caracterizada polas incidencias habituais producidas por unha borrasca que trouxo vento na costa e en terra, así como choivas fortes que ocasionaron a anulación de boa parte dos desfiles de Entroido, así como as actividades previstas ao aire libre.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...