InicioMedio Ambiente e PatrimonioPiden á UE que non financie reforestacións en Galicia ata que non...

Piden á UE que non financie reforestacións en Galicia ata que non prohíba a plantación de novos eucaliptos

"Mentres que non cambie a xestión dos montes en Galicia, a Comisión europea e a Unión europea son cómplices da destrución do monte galego.", subliña a asociación Petón do Lobo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“En Galicia arde o monte e arde sempre. Verán e inverno. Arde a Rede Natura 2000 e por encima, a información que proporciona a Xunta de Galicia é sumamente escasa. Non existe transparencia nin información, no que respecta ás superficies queimadas e o diñeiro que se gasta na súa extinción”, subliñan desde a Asociación Petón do Lobo.

Así, destacan que boa parte da rexeración dos montes tras os incendios realízase polo eucalipto, que medra de xeito espontáneo e silvestre. Por iso, critican a existencia dun Plan Forestal “caduco” e que a Comisión europea siga achegando fondos nestas condicións para a extinción dos incendios en Galicia. “Pensa a Comisión europea continuar aplicando (ou malgastando) fondos comunitarios a un goberno da Xunta de Galicia, que non fai nada para solucionar os problemas estruturais do monte e que centra todos os seus esforzos no negocio da súa extinción?”, pregúntase esta entidade.

Neste sentido, insisten en que o modelo actual de explotación do monte é “intensamente forestalista”, que aposta pola produción de madeira con pouco valor engadido. “O aproveitamento forestal intensivo con especies alóctonas, pirófilas e de crecemento rápido comporta a deterioración de servizos ecosistémicos”, indica.

Eucalipto cortado tralos incendios de 2017/ Miguel Núñez

Petón do Lobo insiste en que este modelo forestal contribúe tamén a malgastar importantes cantidades de recursos públicos a través do PLADIGA -plano de loita contra o lume- que custa anualmente ao redor de 150 millóns de euros. Por tanto, urxe que o Parlamento europeo e a Comisión, insten o goberno da Xunta de Galicia a establecer sen demora, unha moratoria indefinida para as novas plantacións de especies do xénero Eucalyptus en todo o territorio galego. San Xoan

Lume en San Xoán / Miguel Nuñez”Por iso, rogamos á Comisión de peticións do Parlamento Europeo que continúe aberta esta Petición, en tanto que a Xunta de Galicia non se comprometa en serio e con garantías, a abordar as causas estruturais dos incendios e revise en profundidade os obxectivos do plan forestal da Xunta do ano 1992″, conclúen.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...