InicioEconomíaRescatan a vella idea de construír unha nova ponte entre Caminha e...

Rescatan a vella idea de construír unha nova ponte entre Caminha e A Guarda

O proxecto xa foi descartado en varias ocasións polo forte impacto ambiental que tería nun espazo protexido e polo seu elevado custo.

PUBLICADO O

O Esteiro do Miño está considerado como un dos humidais máis importantes da Península coa confluencia de dous ecosistemas, o fluvial e o marítimo. De feito, está recoñecido polos biólogos e expertos ornitólogos pola variedade e cantidade de aves que escollen o esteiro para invernar. E sobre este espazo natural sempre estivo a idea, e o proxecto, de construir unha ponte que una as dúas beiras, A Guarda, en Galicia, con Caminha, no Alto Minho portugués.

Sería a sexta gran ponte internacional sobre o Miño. A primeira foi a que deseñou o enxeñeiro e deputado rioxano Pelayo Mancebo y Agreda e que se inaugurou en marzo de 1886. Houbo que agardar máis de cen anos a ter unha nove ponte “en condicións”. Foi en 1993 cando se abriu a ponte da autovía Tui-Valença, que aliviou considerablemente o tráfico a un e outro lado da fronteira. Posteriormente, en 1995 sería construída outra entre Salvaterra e Monçao e xa no 2004 os dous últimos realizados ata o momento, a Ponte da Amistade entre Tomiño e Vilanova da Cerveira e a de Arbo e Melgaço.

UN ARGUMENTO POLÍTICO

Hai uns días, o Partido Social Demócrata (PSD) de Portugal volvía rescatar esta posibilidade. Liliana Silva, deputada electa por Viana do Castelo, lanzou na Cámara portuguesa un novo desafío ao Primeiro ministro portugués, António Costa, para que leve a construción dunha nova ponte internacional sobre o Miño ao Cumio Ibérico que se celebrará no mes de xullo.

A argumentación de Silva, que é concelleira de Camiña, é que esta infraestrutura serviría para impulsar a economía de toda a comarca tras os malos datos do pasado ano e traería máis investimento aos dous lados da fronteira. “O cumio do próximo mes de xullo debe ser aproveitado para discutir asuntos relacionados por todos os concellos fronteirizos e fomentar o desenvolvemento económico e turístico de ambos os países”, destacou Silva na Cámara que suliñou que varias empresas lle teñen manifestado a importancia dunha nova ponte nesta área.

Río Miño coa ponte entre Tomiño e Cerveira ao fondo / Wikipedia

APOIOS EN GALICIA

Non só en Portugal se defende esta idea. De feito, o Goberno español ten feito estudos sobre a viabilidade dunha nova ponte que ten apoiado o Concello da Guarda e que se ten discutido varias veces na Cámara galega a proposta do PSdeG. Con todo, estes mesmos estudos teñen dubidado sobre a viabilidade da infraestrutura, non só economicamente, senón polo impacto ambiental xa que hai que sortear a desembocadura do Miño, que ten distintos niveis de protección.

O esteiro do Miño é Rede Natura 2000 (LIC), está incluído na “Lista de zonas de húmidas de Europa e Norte de África de importancia internacional” desde 1965 e é Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) eZona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).

DIFICULTADES

Os estudos encargados suliñan “que sería unha infraestrutura moi custosa, tanto pola súa lonxitude como polo seu deseño, para evitar un forte impacto visual e meio ambiental” e o seu prezo superaría os 60 millóns de euros. Ademais, apuntan que a menos de 15 quilómetros hai outra ponte moi ben conectado cun gran polo industrial, o Polígono de Campos, en Vilanova da Cerveira.

Actualmente, a Guarda e Caminha están conectados polo servizo dun ferri diario, o único que aínda queda en funcionamento en todo o Miño. Pero, as distintas administracións queixanse da precariedade do mesmo, xa que depende da metereoloxía e dos cambiantes bancos de area da desembocadura, o que provoca que moitas veces esté fóra de servizo.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...