InicioMedio Ambiente e PatrimonioOs colexios Mestre Goldar e Canicouva celebran o Día Mundial dos Humedais

Os colexios Mestre Goldar e Canicouva celebran o Día Mundial dos Humedais

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo visitou este martes a xornada organizada polo goberno da cidade no parque de Castrelos para conmemorar o Día Mundial dos Humedais, con 120 alumnos dos colexios Canicouva e Mestres Goldar.

En declaracións aos medios, o alcalde explicou que esta iniciativa procura trasladar ao alumnado do Mestres Goldar e do Canicouva os valores medioambientais das zonas húmidas e a súa importancia na preservación da biodiversidade.

Caballero e os nenos no Día dos Humedais/ Miguel Núñez

De forma lúdica e participativa, os monitores explicaron aos escolares as características destes espazos como ecosistemas, a súa flora e fauna, e as especies autóctonas e invasoras, ademais de cuestións particulares do parque de Castrelos.

Caballero e os nenos no Día dos Humedais/ Miguel Núñez

No tocante ao parque, o alcalde avanzou que o goberno vigués traballa nun censo da fauna existente en Castrelos, que é “extremadamente rica”, e puxo en valor a recuperación das zonas húmidas coas que Vigo conta, entre a que destacou a da Bouza.

Caballero e os nenos no Día dos Humedais/ Miguel Núñez

A cidade ten 314.000 m2 de humedais, sendo os máis salientables os da Bouza, Goberna, Muiños, O Vao, Fontes-Pertegueiras, Barreiro e a Xunqueira do Lagares, este último de auga salgada. Caballero tamén falou en inglés aos cativos e recordoulles que Castrelos é “o mellor parque do mundo”.

 

Caballero e os nenos no Día dos Humedais/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...