InicioMedio Ambiente e PatrimonioA mensaxe dos activistas contra a caza do raposo: "Non durmir, todo...

A mensaxe dos activistas contra a caza do raposo: “Non durmir, todo o esforzo pagou a pena”

A tensión entre cazadores e activistas contra esta práctica aumenta por momentos.

PUBLICADO O

A activista Lola Rodríguez acudira xa a outros campionatos de caza do raposo, como o que se celebraron nas Fragas do Eume ou en Dozón o ano pasado, antes de vivir a tensión que rodeou Cotobade durante o campionato provincial desta fin de semana.

Xa na primeira cacería contra a que participou, a outro activista esnaquizáronlle unha roda do coche: “Ata houbo un ano no que se rescatou un can dun cazador, que se perdera, e terminaron acusando aos activistas de que llo roubaran”, lembra.

Lola asegura que nos días previos á cacería de Cotobade os cazadores chegaron a escribir nas súas redes que era “moi fácil confundir aos activistas con raposos”. Durante o campionato o seu modus operandi era seguir aos cazadores para que conseguiran o menor número posible de capturas: “Das cuadrillas que seguimos non cazaron nada ningunha, e en total non chegaron a 10 raposos. Que din que hai miles, pero PACMA lle pedira o censo á Xunta, e o único censo oficial que existe é o que presenta a Federación de Caza”, subliña.

Campionao de caza de raposo de Cotobade/ Miguel Núñez

“Estos campionatos son patrocinados por ENCE e pola Xunta de Galicia como Deporte Galego, pero no deporte ambos equipos coñecen a que están xogando”, reflexiona.
Xa é o campeonato número 26º de caza de raposo en Pontevedra. Tamén se celebrou noutras provincias, pero o activismo concentrouse na nosa. E seguían aos cazadores ata que estes, coa axuda dos seus todoterreos, os deixaban atrás.

Protesta contra a caza de raposos / Miguel Núñez
Protesta contra a caza de raposos / Miguel Núñez

O día 20, é dicir, xa o próximo fin de semana, haberá outro campionato, no que esperan reunir a máis persoas contra a caza. “A páxina da Federación Galega de Caza está bloqueada para os non cazadores, por que tanto secretismo? Cando podes entrar na páxina de calquera outra federación. E estamos falando dunha práctica subvencionada”… lamenta.

“Non son de agresións, ni de insultos”, defende Lola: “Creo que non levan a nada, intento simplemente falar con eles (os cazadores). Ela tamén recorda como hai uns anos en campionatos destas características se cazaba 10 veces máis.

Agora planean unha manifestación contra a caza ante a Xunta en Santiago, e Lola comeza unha nova semana satisfeita: “Non durmir pagou a pena, e agardamos que para a seguinte ocasión haia menos mortes aínda (estima que foron 6 raposos abatidos en total). Ela estivo ata a unha da mañá do venres organizando a viaxe e levantouse ás 3 e media do sábado para chegar a tempo (ás seis da mañá) a Cotobade. Outros mesmo durmiron no monte para protexer aos raposos. Parece que o conseguiron.

 

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...