InicioMedio Ambiente e PatrimonioVigo entra en alerta polo nivel de Eiras: Caballero esixe á Xunta...

Vigo entra en alerta polo nivel de Eiras: Caballero esixe á Xunta reducir o caudal ecolóxico

O alcalde de Vigo advirte de que a presa está ao 42% da súa capacidade e asegura que a cidade conta con só 50 días de abastecemento garantido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu advertir sobre o baixo nivel do encoro de Eiras, que abastece a cidade, e esixiu á Xunta de Galicia que reduza o caudal ecolóxico “xa, hoxe ou mañá”. “Non podemos seguir esperando”, insistiu o rexedor nun audio remitido aos medios de comunicación.

Segundo explicou, a presa atópase actualmente ao 42% da súa capacidade, despois de que hai apenas unha semana se situase preto do 47%. “Estamos na peor situación histórica de enchido da presa de Eiras”, alertou Caballero. De acordo cos cálculos expostos polo alcalde, a situación actual implica que Vigo conta cunha garantía de abastecemento de 50 días, mentres que podería chegar ata os 110 días con posibles incidencias. Ante este escenario, Caballero considera “imprescindible” que o Goberno galego adopte medidas de forma inmediata, entre elas a redución do caudal ecolóxico do encoro.

O rexedor cargou contra a actuación da Xunta e acusouna de permanecer á marxe do problema. “A Xunta de Galicia semella un espectador en todo isto, parece que non vai con eles, quedan calados, non atenden”, criticou. Caballero tamén recuperou a súa reclamación para construír unha nova infraestrutura que garanta o abastecemento da área viguesa e asegurou que propuxo unha nova presa hai dez anos, unha actuación que, segundo defendeu, “xa estaría rematada”. “Non quixeron iniciar unha presa nova cando eu o propuxen hai 10 anos, que xa estaría rematada. Cada vez que hai un problema de auga din que non se consuma”, censurou o alcalde.

ÚLTIMAS

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...

Vigo súmase ás acampadas pola vivenda cunha protesta “indefinida” na Alameda

Unha vintena de persoas sumáronse nas últimas horas en Vigo ás acampadas pola vivenda...

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...