InicioMedio Ambiente e PatrimonioMarea de Vigo solicitará a declaración de Espazo Natural de Interese Municipal...

Marea de Vigo solicitará a declaración de Espazo Natural de Interese Municipal para toda a desembocadura do Lagares

Dende esta agrupación política definen a Xunqueira do Lagares como un "ecosistema costeiro e dunar único".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Grupo municipal da Marea de Vigo vén de denunciar que dende que se iniciara en 2008 por parte do Concello de Vigo a solicitude para declarar ENIL (Espazo Natural de Interese Municipal) a desembocadura do Lagares, “se teñen tomado decisións que alteraron substancialmente o propio espazo, ademais de que se levaron a cabo cambios nas leis ambientais e no seu trámite que favorecen que sexa oportuno reconsiderar o ENIL e amplialo máis aló da divisoria entre a Praia do Bao e a Fontaíña”.

“Existe unha clara continuidade do complexo dunar, non só nos elementos orográficos senón tamén nas tipoloxías de especies animais e vexetais que xustifican esta ampliación” matiza Marga L. Barreiro, concelleira do Grupo municipal da Marea de Vigo.

Marea de Vigo preparará unha alegación ao plan, actualmente en tramitación por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. “Esta alegación vén motivada pola necesidade de rexenerar e valorizar a escasa zona húmida que queda da Xunqueira do Lagares de darlle contido unitario a un ecosistema costeiro e dunar único”, subliñan.

Domaio Protesta.
Rubén Pérez (Marea de vigo), nas protestas de Rande / Miguel Núñez

Marea de Vigo considera ademais, en relación á mesma zona, e precisamente polo impacto que tivo no pasado ano, que “o Goberno municipal e en concreto, a Área de medio ambiente, debe volver a desenvolver, desde o inicio, o proxecto de zonas de esparexemento canino tras o fracaso do ano pasado, fracaso tanto en materia de benestar animal, medioambiental e mesmo nos aspectos relacionados coa convivencia e o coidado do entorno” explica Marga L. Barreiro.

Para a Marea de Vigo, volver a desenvolver o proxecto da zona de esparexemento canino é unha necesidade desde os diferentes puntos de vista. Desde a óptica medioambiental, diversas asociacións ecoloxistas o cualificaron como “desastre ambiental” dados os datos expresados no último censo de aves (realizado pola asociación ecoloxista Fontaíña), no que baixou considerablemente a presenza de especies que empregaban esta zona como descanso migratorio.

Desde o punto de vista da mellora das políticas de benestar animal e a óptima convivencia entre a veciñanza da zona e as persoas que, xunto aos seus cans visitaron as praias de Foz e Calzoa no ano pasado, sublian que “os conflitos xerados no pasado verán son máis que suficientes como para xustificar un novo proxecto”.

ÚLTIMAS

Detidas dúas mulleres en Redondela tras ser interceptadas nun coche roubado

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional detiveron a pasada madrugada...

SOS Sanidade Pública sinala ao Álvaro Cunqueiro como a “zona cero” dos recortes

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo animou este venres a participar na manifestación...

O BNG esixe suspender a nova licitación do bus en Vigo para evitar unha “hipoteca” de nove anos

O Pleno do Concello de Vigo debaterá o vindeiro luns unha moción do BNG...

A Garda Civil investiga a unha veciña de Baiona por explotar e ameazar a mulleres estranxeiras “sen papeis”

A Garda Civil investiga a unha muller residente en Baiona (Pontevedra) como presunta autora...