InicioMedio Ambiente e PatrimonioVigo non contempla sancións polo momento nas Zonas de Baixas Emisións (ZBE)

Vigo non contempla sancións polo momento nas Zonas de Baixas Emisións (ZBE)

O alcalde advirte de que pode haber "discriminación social" se só poden acceder ás ZBE condutores de renda alta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local de Vigo dará luz verde este venres á aprobación inicial do proxecto de Zonas de Baixas Emisións (ZBE), un proxecto que será sometido a un período de 30 días de exposición pública para a presentación de alegacións. Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, en declaracións remitidas aos medios, paralelamente iniciarase a tramitación da ordenanza para a regulación xurídica e control da xestión deste proxecto.

“Isto é unha decisión que toma a UE, e por tanto, obrigatoria en todas as cidades de Europa”, aclarou o rexedor, que tamén avanzou que o Concello “non contempla sancións como forma de procedemento nas Zonas de Baixas Emisións”. Caballero avogou por buscar o “consenso social” para facer entender que as ZBE “son zonas para preservar o medio ambiente, a vida”. En Vigo serán 67 hectáreas na zona centro (a máis ampla, de 400.000 metros cadrados), zona de Praza de Portugal, zona de Bouzas, e zona do Calvario.

“Nós imos aplicar a Zona de Baixas Emisións con sentido común e sen que haxa restricións desproporcionadas (…) ten que haber una certa continuidade na utilización para que se vaian establecendo de forma natural”, explicou, e avanzou que “ten que continuar a actividade coa normalidade axeitadamente e despois hai que habilitar cuestións tales como os centros de saúde, os negocios, os veciños da zona e todo isto”, que se regularán coa ordenanza. O custo de implementar este proxecto é de 5,4 millóns de euros, dos que a metade se financian con fondos europeos.

“DISCRIMINACIÓN SOCIAL”

Abel Caballero insistiu en que o Concello non contempla as multas “como forma coercitiva” e proclamou o seu desacordo coa implementación das ZBE tal como se expoñen. “Eu non comparto que vehículos sen emisión poidan entrar e vehículos con emisións non poidan entrar porque iso é discriminación social. Non todo o mundo pode mercar, de súpeto e de golpe, un vehículo que teña a etiqueta verde”, proclamou. Para o rexedor olívico as ZBE deben expor “unha forma de homoxeneización social para que non só as xentes de renda alta poidan entrar e os de renda baixa non poidan entrar”. “Non comparto ese criterio. Non o comparto. En todo caso, é unha decisión de Europa e nós aplicarémola co sentido común”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...